Xosé Monteagudo Folgar, nado en Santa Xusta (Moraña) o 1 de xaneiro de 1965, é un funcionario e escritor galego.

Traxectoria Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, traballa como técnico de Facenda na Axencia Tributaria de Pontevedra. Alén da súa faceta como narrador, imparte obradoiros literarios sobre narrativa e exerce a crítica literaria na revista Grial. Forma parte, como secretario, do Padroado da Fundación Euseino?

Obra Narrativa As voces da noticia (2002). Galaxia. ISBN 978-84-8288-589-6. Segundo a editora: "autor sérvese de transcricións de fitas magnetofónicas, correos electrónicos, entrevistas e mesmo actas xudiciais para tecer unha narración na que as voces dos protagonistas reflicten cadansúa percepción dos acontecementos". Esta historia (2006). Galaxia. ISBN 978-84-8288-910-8. É unha biografía xuvenil baseada nas lembranzas da universidade. Un tipo listo (2009). Galaxia. ISBN 978-84-9865-222-2. O curioso mundo das persoas normais (2012). Galaxia. 136 páxs. ISBN 978-84-9865-459-2. Conta a historia dun home que pasa toda a vida pechado no cuarto dun hospital. Foi traducida ao castelán. Todo canto fomos (2016) Galaxia. 534 páxs. ISBN 978-84-9865-695-4. Empezou a escribir partindo da imaxe dun fillo que está en Londres e perde a súa nai. Chega a Galicia e atopa uns papeis antigos que contan historias. Eternity (2021). Galaxia. 198 páxs. ISBN 978-84-9151-769-6. Vémonos mañá (2023). Vigo: Xerais. 296 páxs. ISBN 978-84-1110-238-4. ePub: ISBN 978-84-1110-250-6. Unha novela baseada na historia real de Josefina Arruti e de Bibiano F. Osorio-Tafall.

Ensaio "A ficción narrativa na literatura actual: da escritura á lectura", in Anotacións sobre literatura e filosofía, nº 14, novembro de 2016, Vigo: Euseino? Editores.

Obras colectivas Premios Pedrón de Ouro. Certames XXVII (2001), XXVIII (2002) e XXIX (2003), 2004, Ediciós do Castro. Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia. "Xaneiro de 1916", en Meu Castelao! (2025). Concello de Pontevedra. ISBN 978-84-09-80825-0.

Premios Accésit no Premio Modesto R. Figueiredo no 2001, por O engado do triángulo. Premio Blanco Amor no 2002, por As voces da noticia. Premio García Barros no 2009, por Un tipo listo. Premio á mellor obra narrativa da II Gala do Libro Galego no 2017, por Todo canto fomos. Premio San Clemente Rosalía-Abanca en 2017, por Todo canto fomos. XV Premio Narrativa Breve Repsol en 2021, por Eternity.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Entrevista a Xosé Monteagudo feita polo alumnado de Literatura galega do século XX do MGB. Culturgal 2012. Conversas de salón. Alberto Ramos con Xosé Monteagudo.

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Moraña Categoría:Nados en 1965 Categoría:Gañadores do Premio Blanco Amor Categoría:Gañadores do Premio García Barros