Ken Follett, nado o 5 de xuño de 1949 en Cardiff, é un escritor galés, autor de obras de suspense e novelas históricas. As vendas das súas obras superan os 100 millóns de copias, o cal o converte nunha das figuras máis importantes da literatura contemporánea.
Traxectoria Naceu en Cardiff, mais ós dez anos a súa familia trasladouse a Londres. En 1967 foi admitido no University College of London, onde estudou Filosofía e entrou en contacto con movementos de esquerdas, espertándose así o seu interese pola política.
Casou por primeira vez en 1968, ano en que naceu o seu fillo máis vello. Tras un posgrao en xornalismo comezou a súa carreira como reporteiro en modestos xornais galeses. Co tempo abandonaría o xornalismo polo mundo da edición, como director da pequena editorial londiniense Everest Books (1970).
Foi neste momento cando comezou a escribir, como unha afección para o seu tempo de lecer. Con Eye of the needle, publicada en 1978 chegaría para o autor o éxito e o recoñecemento internacional.
Sería tamén nestes derradeiros anos da década dos 70, e nos primeiros 80, cando se uniu de xeito máis estreito co Partido Laborista británico. A súa segunda muller é hoxe deputada desta formación no parlamento británico.
Obra Tras Eye of the needle e o éxito acadado con esta obra, Follett comezaría a centrarse no xénero da espionaxe e a intriga, libros de lectura áxil e rápida, como Triangle,The key to Rebecca, Lie down with lions, The Man from St. Petersburg, A dangerous fortune, On wings of eagles e The Third Twin.
Porén, a súa obra máis imporante e un dos best-séllers máis importantes de finais do século XX e comezos do XXI é The Pillars of the Earth (1989), no se afasta do xénero predominante no autor. The Pillars of the Earth é unha novela histórica ambientada na Idade Media, e iría acadando o éxito paseniñamente o longo da década dos 90.
En 2007 presentou a segunda parte, World Without End.
Listaxe dereita|miniatura|200px|Estatua de Ken Follett en Vitoria-Gasteiz, Euscadi. A súa obra completa é a seguinte:
1974 – The Big Needle e The Big Black baixo o pseudónimo de 'Symon Myles'. 1975 – The Big Hit por 'Symon Myles' e The Shakeout por Ken Follett. 1976 – Modigliani Scandal por 'Zachary Stone'; The Mystery Hideout por Ken Follett; The Power Twins por 'Martin Martinsen' e Amok: King of Legend por 'Bernard L. Ross'. 1977 – Paper Money por 'Zachary Stone'. 1978 – Capricorn One por 'Bernard L. Ross' e Eye of the needle/ Eye of the Needle por Ken Follett. 1979 – Triangle/Triple. 1980 – The Key to Rebecca. 1982 – The Man from St. Petersburg. 1983 – On Wings of Eagles. 1986 – Lie Down with Lions 1989 – The Pillars of the Earth. 1991 – Night Over Water. 1993 – A Dangerous Fortune. 1995 – A Place Called Freedom. 1996 – The Third Twin. 1998 – The Hammer of Eden. 2000 – Code to Zero. 2001 – Jackdaws. 2002 – Hornet Flight. 2004 – Whiteout. 2007 – World Without End. 2010 – Fall of Giants. 2012 – Winter of the World. 2014 – Edge of Eternity. 2017 – A Column of Fire. 2020 – The Evening and the Morning.
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio de Ken Follett
Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en 1949 Categoría:Escritores de Gales Categoría:Escritores de Inglaterra Categoría:Nados en Cardiff