Un estranxeirismo é aquela palabra que existe nun idioma e que procede doutro. segundo o grao de adaptación do lexema dentro da lingua de destino, adoitan dividirse en préstamos e calcos. Esta adaptación á lingua final pode facerse mediante unha modificación da estrutura fonética, escrita ou mesmo semántica. Os estranxeirismos están presentes en tódalas linguas e considéranse normais e mesmo necesarios para a súa obrigada evolución. O máis habitual é que se utilicen para denominar novos elementos, técnicas, conceptos que non existían anteriormente. Considéranse innecesarios cando pretenden suplantar outra verba patrimonial preexistente. Outra estratexia para evitar o uso dun estranxeirismo innecesario é a recuperación léxica dunha palabra cun uso tradicional moi semellante pero nun contexto distinto (v. zorra ou lamia). Lingua galega
En galego, os principais estranxeirismos son dos seguintes tipos: xermanismo, do alemán e outras linguas xermánicas; arabismo, do árabe; galicismo, do francés; lusismo ou portuguesismo, do portugués castelanismo, do castelán; anglicismo, do inglés; Existe unha certa variación da influencia e da orixe dos estranxeirismos en función da época e da lingua de destino. No caso do galego, os galicismos entraron sobre todo co esplendor da cultura gala e trala guerra civil española debido ó simbolismo de liberdade de Francia durante a represión franquista, os castelanismos durante todo o século XX e os anglicismos dende os últimos vinte ou dez anos deste século ata a actualidade. Canto ós xermanismos e arabismos, levan tanto tempo instalados na lingua que xa case ninguén os considera estranxeirismos. Pensar que un lexema pode ser un xenismo tamén pode ter connotacións subxectivas e os distintos individuos poden ter opinións diferentes. Notas
Véxase tamén
Outros artigos Galeguismo (lingüística)
Categoría:Lexicoloxía