Ali Muhammad Ghedi, nado en 1952, foi Primeiro ministro de Somalia dende o 3 de novembro de 2004 ata o 29 de outubro de 2007. Pertence ao clan Hawiye.

Traxectoria Ali Mohammed Ghedi é un cirurxián veterinario e un funcionario da Unión Africana; era relativamente descoñecido en círculos políticos cando o designaron como primeiro ministro de Somalia en novembro de 2004. Prometeu formar un goberno inclusivo, e esforzarse para a reconciliación entre os señores da guerra de Mogadishu. Ghedi non estaba ligado a ningún dos grupos armados de Somalia durante a guerra.

Sucedeuno no cargo Salim Aliyow Ibrow.

Muhammad Ghedi, Ali Categoría:Nados en 1952