Sylvia Kristel, nada en Utrecht o 28 de setembro de 1952 e finada en Ámsterdam o 17 de outubro de 2012Fallece Sylvia Kristel, la protagonista de 'Emmanuelle' y mito erótico del cine, foi unha actriz, modelo e cantante holandesa. O seu papel de maior sona foi o de protagonista do filme erótico francés Emmanuelle en 1974.
Inicios Comezou a súa carreira profesional coma modelo adolescente, sendo escollida Miss TV Europe no 1972
Emmanuelle Kristel acadou sona en todo o mundo ó protagonizar en 1974 a súa primeira película, Emmanuelle, baseada na novela homónima de Emmanuelle Arsan, e dirixida por Just Jaekin. A actriz cobrou pola súa participación 150.000 dólares, recadándose entre 50 e 350 millóns de dólares.
Posteriormente protagonizou varias secuelas, como Emmanuelle 2 (1975), Goodbye Emmanuelle (1977) e Emmanuelle 4 (1984).
Outras actuacións Malia ser basicamente coñecida pola súa participación en películas de contido erótico, coma as da saga Emmanuelle, Kristel interpretou personaxes como Lady Chatterley, nunha adaptación da novela de 1981, O amante de Lady Chatterley, ou a espía Mata Hari. miniatura|Sylvia Kristel en París, co gallo do documental sobre a súa vida o 25 de setembro de 2007.
Últimos anos Logo de superar un cancro de gorxa no 2003 retomou a súa actividade interpretativa, e no 2006 publicou as súas memorias co título de Nue (Espida).
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Entrevista con Sylvia Kristel, The Daily Telegraph, 16 de xuño de 2007. Emmanuelle star publishes autobiography , The Sunday Times, 3 de setembro de 2006.
Categoría:Actores dos Países Baixos Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Utrecht Categoría:Finados en 2012 Categoría:Finados por cancro de pulmón