Flanagan Flash-Back é un libro publicado no 2009 de Andreu Martín e Jaume Ribera. É o duodécimo da serie protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.

Trama

Nos primeiros días de setembro, pouco antes do seu décimo oitavo aniversario, Flanagan descobre que a súa primeira moza, Clara Longo, foi detida acusada de tráfico ilegal de xoias.

Entrementres o Komando Destruction, o grupo de rapaces de dez anos que xa ten aparecido noutras historias, quere contratalo para facer chantaxe á súa mestra.

Flanagan non dubida á hora de axudar a Clara, malia que esta pídelle que a deixe en paz, pero, quizais por sentimento de culpa, sente a necesidade de ir tras Clara. Porén, todo se complica cando sabe que Clara pasou a noite en comisaría por mor da morte da súa tía, coa que vivía.

Flanagan investiga a morte da tía, centrándose no seu mozo, e nun posible amante. Tras unha boa sesión de acción (coma sempre, mesturada con escenas divertidas e absurdas para os perseguidores de Flanagan), e persecucións (desta volta axudado pola nova Honda CBR 125 do detective), no último momento, coa axuda de Charche e Nines, evita a morte de Clara.

Finalmente, descóbrese que o presunto amante da tía era un xuíz que abusara sexualmente de Clara co consentimento da súa tía.

O relato remata cunha festa sorpresa organizada por Charche e Nines, onde están invitados moitos dos coñecidos e amigos de Xan.

Narración O libro ten un crossover coa novela El com del crim dos mesmos autores, quinto volume da saga protagonizada polo detective Àngel Esquius.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na web da editorial.

Categoría:Flanagan Categoría:Obras literarias de 2009 Categoría:Obras traducidas do catalán ao galego