Cúmulo do Trapecio 250 px Imaxe óptica do Trapecio (na esquerda) e no infravermello próximo (na dereita), tomada polo Telescopio Espacial Hubble. Créditos: Nasa Descubrimento Descubridor Galileo Galilei Data do descubrimento ? Observación Época= X.2000 Constelación de Orión (constelación) Pertence á Nebulosa de Orión Ascensión recta 05h 35,4m Declinación −05° 27′ Características Distancia 1,6 KAl (490 pc) Tamaño angular 47 segundos de arco Magnitude aparente 4,0 Masa ? Raio estimado 10 anos luz Idade estimada 3 × 105 anos
O Trapecio, Cúmulo do Trapecio ou O Trapecio do Cúmulo de Orión é un pequeno cúmulo estelar no corazón da Nebulosa de Orión, a cal pertence á constelación de Orión. Foi descuberto por Galileo Galilei. O 4 de febreiro de 1617, Galileo puido esbozar tres das estrelas (A, C, D), pero o resto de estrelas estaban confundidas entre a nebulosidade circundante.Galileo Galilei: Siderius Nuncius, Venice, 1610. English Translation published at Bard College, Hudson NY" October 9, 2003 English Translation Original Latin version Tom Pope and Jim Mosher: Galilean telescope homepage" March 17, 2006 , "Algunhas persoas manifestaron a súa perplexidade que, no seu texto, Galileo non fai mención algunha da nebulosidade (coñecido na nomenclatura moderna como M42) que envolve a estas estrelas. ... Galileo cría, como explica en Sidereus Nuncius, que o que semella nebuloso para o ollo é resolto coma estrelas polo seu telescopio, e o que parece nebuloso a través do seu telescopio podería presuntamente tamén ser resolto coma estrelas por un telescopio aínda maior e máis potente. Así, un brillo difuso sería, máis que calquera outra cousa, unha indicación das limitacións do seu telescopio e non digno de especial mención."Tom Pope and Jim Mosher: Page on Galileo's February 4, 1617 notebook drawing of the Trapezium region, May 2, 2006 "Perhaps significantly, Galileo makes no mention of having noticed the now well-known gas cloud, M42, surrounding the Trapezium stars." A cuarta compoñente (B) foi identificada por varios observadores no ano 1673, e varias compoñentes máis foron descubertas máis tarde, para un total de oito estrelas confirmadas, ala polo ano 1888. Posteriormente varias das estrelas foron confirmadas coma binarias. Os telescopios dos astrónomos afeccionados de preto de 5 cm de apertura pode resolver seis estrelas en boas condicións de visibilidade.
O trapecio é un cúmulo relativamente novo que se formou directamente da nebulosa nai. As cinco estrelas máis brillantes son da orde de entre 15 a 30 masas solares de tamaño. Elas están separadas entre si dentro dun diámetro de 1,5 anos luz e son responsables de boa parte da iluminación da nebulosa. O Trapecio podería ser un sub-compoñente do Cúmulo da Nebulosa de Orión, un grupo de preto de 2.000 estrelas dentro dun diámetro duns 20 anos luz.
Identificación É máis facilmente identificable polo asterismo das catro estrelas relativamente máis brillantes. As catro son moitas veces identificadas coma A, B, C, e D, en orde crecente respecto da súa ascensión recta. A máis brillante das catro estrelas é C, ou Theta1 Orionis C, cunha magnitude aparente de 5,13. Tanto A coma B foron identificadas coma binarias eclípsantes.
As imaxes no infravermello do Trapecio son as que foron capaces de penetrar mellor entre as nubes de po, e grazas a elas detectáronse moitas máis compoñentes estelares. Preto da metade das estrelas dentro do cúmulo posúen discos circumestelares que se están disipando, moi posiblemente unha condición precursora da formación planetaria. Ademais, tamén foron identificadas varias ananas marróns e varias estrelas fuxitivas de baixa masa.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Asterismo Orión (constelación) Nebulosa de Orión Cinto de Orión
Lecturas recomendadas
arxiv = astro-ph/0506002
Ligazóns externas Chandra Observatory Uncovers Hot Stars In The Making, MIT Press Release, 2000. A detailed description of the Trapezium Cluster Astronomy Picture of the Day - In the Center of the Trapezium, 2 de marzo de 2003
Categoría:Cúmulos estelares abertos Categoría:Constelación de Orión Categoría:Asterismos