dereita|miniatura|Celebración dun gol do Cerceda fronte ao Coruxo FC, 2018.

O Centro Cultural e Deportivo Cerceda foi un club de fútbol de Cerceda (A Coruña). Fundado en 1968, pasou case a metade dos seus 50 anos de existencia na Terceira División, chegando a xogar na súa derradeira campaña na Segunda División B. Desapareceu en 2018, sumido en graves problemas económicos. O seu campo de fútbol era o Campo do Roxo, con capacidade para 1.000 espectadores.

Historia Dende 1994 ata 2017 xogou ininterrompidamente na Terceira División, sen descender nin un só ano a Preferente. En catro ocasións gañou a competición de Terceira División, nas tempadas 1995–96, 2002–03, 2003–04 e 2010–11. Xogou a promoción de ascenso a Segunda B en 13 ocasións. As primeiras foron: en 1996, contra o Atlético Bembibre, o Colmenar Viejo e o Oviedo B, da que ascendería o equipo asturianoPromoción a Segunda B - 1995-96 , Futbolme.com. en 1999, contra o Atlético de Madrid C, a Gimnástica Segoviana e o Marino de Luanco, onde ascendeu o equipo de SegoviaPromoción a Segunda B - 1998-99 , Futbolme.com. en 2003, contra o La Bañeza, o Rayo Majadahonda e o Titánico, onde ascendeu o equipo de MajadahondaPromoción a Segunda B - 2002-03 , Futbolme.com. en 2004, contra o Navalcarnero, equipo que finalmente ascendería, contra o que perdeu en primeira rolda 1-0 e 0-0 Promoción a Segunda B - 2003-04 , Futbolme.com.

Na tempada 2010–11 resultou campión da categoría, xogando a fase de ascenso como primeiro de grupo. Na primeira rolda caeu contra o UE Llagostera (0–3, no global), pero podendo xogar a segunda ao ser campión. Na segunda rolda caeu contra o UD San Sebastián de los Reyes (2–3, no global), sendo eliminado definitivamente.

Na tempada 2016-17 ascendeu por fin a Segunda B tras perder na terceira eliminatoria do play-off, pero aproveitando o descenso administrativo do Boiro. Os 133.000€ neesarios para conseguir a praza foron achegados polo CD Lugo, que pasou a xestionar o club. O equipo acabou de último no seu grupo, e ademais foi descendido a Preferente polos seus problemas para pagar aos xogadores. Finalmente anunciou que non se inscribiría en ningún equipo na tempada 2018/19, poñendo fin así á súa historia.

Cadro de xogadores Último cadro de xogadores (2017/18) Datos do 18 de agosto de 2017.

Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ª B: 1 Tempadas en 3ª: 23

Historial na liga TempadaCategoríaPosto1971/722ª Comarcal?1972/732ª Comarcal?1973/742ª Comarcal?1974/752ª Comarcal3º1975/762ª Comarcal3º 10px|ascenso|link=1976/771ª Comarcal4º1977/781ª Comarcal4º 10px|descenso|link=1978/792ª Autonómica3º1979/802ª Autonómica8º1980/812ª Autonómica7º1981/822ª Autonómica5º1982/832ª Autonómica5º1983/842ª Autonómica?1984/852ª Autonómica?1985/862ª Autonómica?1986/872ª Autonómica8ºTempadaCategoríaPosto1987/882ª Autonómica8º1988/892ª Autonómica12º1989/902ª Autonómica1º 10px|ascenso|link=1990/911ª Autonómica2º 10px|ascenso|link=1991/92Preferente15º1992/93Preferente5º1993/94Preferente1º 10px|ascenso|link=1994/953ª5º1995/963ª1º1996/973ª6º1997/983ª12º1998/993ª3º1999/003ª8º2000/013ª17º2001/023ª10º2002/033ª1ºTempadaCategoríaPosto2003/043ª1º2004/053ª6º2005/063ª6º2006/073ª6º2007/083ª5º2008/093ª4º2009/103ª2º2010/113ª1º2011/123ª3º2012/133ª11º2013/143ª2º2014/153ª3º2015/163ª2º2016/173ª3º2017/182ªB20º

Palmarés Terceira División (4): 1995–96, 2002–03, 2003–04, 2010–11 Subcampión da Terceira División (2): 2009–10, 2013–14 Copa Galiza (1): 2009 Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (2): 1996–97, 2009–10 Preferente Autonómica (1): 1993–94 Segunda Autonómica (1): 1989–90 Copa Deputación da Coruña (3): 2004, 2008, 2009 Copa da Coruña (1): 1991

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:CCD Cerceda Categoría:Fútbol de Galicia sen imaxes