O Verín Club de Fútbol é o equipo de fútbol de referencia da vila ourensá de Verín. Fundado en 1971, na actualidade compite no Grupo 1 da Primeira Autonómica de Galicia, e ten uns 300 socios. Con camisola vermella e pantalón azul coma equipamento, o Verín CF disputa os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, con capacidade para uns 2000 espectadores.

Escudo No escudo do Verín CF ocupa un lugar predominante a imaxe do castelo de Monterrei, por riba dunha banda azul, que representa o Támega, río que baña a vila de Verín. No interior da banda azul, un balón de fútbol. No ano 2012 o escudo cambiou a un deseño máis moderno e colorido.

Uniforme O Verín CF viste camisola vermella, pantalón azul e medias vermellas. O segundo equipamento consta de camisola azul, pantalón branco e medias azuis. Estadio O Verín CF xoga os seus partidos coma local no estadio José Arjiz, inaugurado en 1971, con capacidade para 2000 espectadores. O estadio, situado na estrada de Laza, está ao pé do castelo de Monterrei.

Historia Antes da guerra civil española existiu na vila o Racing Club Verín, e despois da contenda bélica Juan Reigada fundou un novo club, o CD Verín, que xogaba no antigo campo do Toral. De alí trasladouse a actividade futbolística ás instalacións da Granxa.

En 1971 botou a andar o actual Verín CF, que a partir de 1976 pasou a ter como campo de xogo o José Arjiz. Nese mesmo ano, 1976, o Verín CF proclamouse 'campión galego de afeccionados tras superar na final o CCDR Perlío, de Fene, logrando o pase ao Campionato de España, onde caeu eliminado (perdendo por 0-1 na casa e por 5-0 fóra), ante o C.D. Ensidesa de Avilés na primeira rolda. En 1981 ascende por primeira vez á terceira división, categoría en que sumou dez campañas. Tras unha involución a principios dos 90 que mergullou o equipo na segunda rexional, entre 1997 e 2007 o Verín CF desfrutou dos seus mellores anos. Na 2003/04 quedou no 4º lugar da terceira división e conseguiu meterse na fase de ascenso á Segunda División B, sendo eliminado na primeira rolda.

Nos anos seguintes o Verín CF cabalgou entre Terceira e Preferente Autonómica, ata consumar o descenso á categoría provincial en xuño de 2013.

Temporadas disputadas nas distintas categorías Terceira División 10. División Preferente Autonómica: 16. División Primera Autonómica: 17.

|valign="top" width=0%| TempadaCategoríaPostoOutrascompeticións1971-72Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense4º1972-73Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense1º2ª eliminatoria da promoción de ascenso a serie A Rexional1973-74Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense2º1974-75Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense1º1ª eliminatoria na fase de ascenso á Serie A Rexional1975-76Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense3ºCampión galego de afeccionados1ª rolda do Campionato de España de Afeccionados1976-77Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense2ºSemifinais do Campionato Galego de Afecionados1977-78Primeira División do Campionato Comarcal de Ourense?Semifinais do Campionato Galego de Afeccionados1978-79Primeira Autonómica3º1979-80Primeira Autonómica6º 10px|ascenso|link= (ascenso por remodelación de divisións superiores)1980-81Preferente Autonómica Sur3º 10px|ascenso|link= (ascenso por remodelación de divisións superiores)1981-82Terceira División20º 10px|descenso|link=1982/83Preferente Autonómica Sur3º1983/84Preferente Autonómica Sur3º1984/85Preferente Autonómica Sur9º1985/86Preferente Autonómica Sur5º1986/87Preferente Autonómica Sur13º1987/88Preferente Autonómica Sur12º1988/89Preferente Autonómica Sur17º1989/90Preferente Autonómica Sur22º 10px|descenso|link=1990/91Primeira Autonómica13º1991/92Primeira Autonómica20º 10px|descenso|link=1992/93Segunda Autonómica1º 10px|ascenso|link=1993/94Primeira Autonómica6º1994/95Primeira Autonómica3º1995/96Primeira Autonómica5º1996/97Primeira Autonómica5º1997/98Primeira Autonómica2º 10px|ascenso|link=1998/99Preferente Autonómica Sur10º1999-20002º 10px|ascenso|link= (ascenso ó quedar praza libre)2000/01Terceira División9º2001/02Terceira División8º2002/03Terceira División10º2003/04Terceira División4º. 1ª rolda da Fase de Ascenso a 2ª división B2004/05Terceira División20º 10px|descenso|link=2005/06Preferente Autonómica Sur11ºFinalista da Copa Deputación2006/07Preferente Autonómica Sur2º 10px|ascenso|link= (ascenso ó quedar praza libre)Campión da Copa Deputación.2007/08Terceira División12º2008/09Terceira División14º2009/10Terceira División19º 10px|descenso|link=2010/11Preferente Autonómica Sur4º (play-off de ascenso)Campión da Copa Deputación2011/12Preferente Autonómica Sur12º2012/13Preferente Autonómica Sur18º 10px|descenso|link=Semifinais Copa Deputación2013/14Primeira Autonómica2º 10px|ascenso|link=Finalista Copa Deputación2014/15Preferente Autonómica Sur2º 10px|ascenso|link=2015/16Terceira División20º 10px|descenso|link=2016/17Preferente Galicia Sur2017/182018/192019/202020/212021/22

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Web oficial. Páxina de Facebook.

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Ourense Categoría:Deporte en Verín