dereita|miniatura|200px|Humberto II
Humberto II, nado o 15 de setembro de 1904 en Racconigi e finado o 18 de marzo de 1983 en Xenebra, foi o último rei de Italia, do 9 de maio ao 13 de xuño de 1946, por veces chamado o rei de maio.
Traxectoria Humberto II foi o terceiro fillo do rei Vítor Manuel III e Helena de Montenegro, formouse na academia militar de Turín e chegou ao grao de xeneral. Participou en operacións militares durante a segunda guerra mundial.
Despois da caída de Benito Mussolini e da apertura de negociacións dos italianos cos aliados, en 1943, o rei Vítor Manuel volveu aos poderes constitucionais e o 5 de xuño de 1944 nomeou a Humberto Luogotenente General del Regno nun intento por salvar a monarquía, abdicando en maio de 1946, converténdose Humberto en rei de Italia, no referendo do 2 e 3 de xuño os italianos votaron maioritariamente polo establecemento dunha república e o 13 de xuño marchou para o exilio en Cascais.
Humberto estaba casado desde 1930 con María Xosé de Bélxica, filla do rei Alberte I, coa que tivo catro fillos.
Categoría:Casa de Savoia Categoría:Reis de Italia Categoría:Historia de Italia do século XX Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1983 Categoría:Nados na provincia de Cuneo Categoría:Historia contemporánea de Italia