Arab Strap foi un grupo musical de indie rock escocés. Pertencía ao selo independente Chemikal Underground, e desfíxose en 2006.
Historia O cantante Aidan Moffat e o multi-instrumentista Malcolm Middleton creceron en Falkirk, onde compartían gusto polo Drag City gravando a grupos como Smog ou Will Oldham, así como o seu gusto polo alco barato. Comezaron a tocar xuntos en 1995, e en 1996 apareceu o seu primeiro disco, The Week Never Starts Round Here.
Durante os 10 anos de existencia Arab Strap traballaron con moitos músicos, como Jenny Reeve ou Stacey Sievewright, así como Adele Bethel e David Gow, que deixaron a formación para crear Sons and Daughters. Stuart Murdoch, de Belle & Sebastian, aparece no álbum Philophobia, pero a canción "The Boy with the Arab Strap" (e o disco a que dá título) foron creados entre os dous cantantes.
As marcas características de Arab Strap son as súas letras sórdidas e persoais, á par que honestas. Ao igual que The Proclaimers, banda tamén escocesa, as súas cancións son cantadas na súa lingua nativa, a lingua scots. Ao principio era esencialmente unha banda electroacústica cun son melancólico e sombrío, pero en posteriores álbums e concertos o grupo desenvolveu un son máis completo que se inspirou profundamente na música indie e dance.
Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo The Week Never Starts Round Here 1996 Chemikal Underground Philophobia 1998 Chemikal Underground Elephant Shoe 1999 Go! Beat The Red Thread 2001 Chemikal Underground Monday at the Hug and Pint 2003 Chemikal Underground The Last Romance 2005 Chemikal Underground As Days Get Dark 2021 Rock Action Records I'm Totally Fine With It Don't Give a Fuck Anymore 2024 Rock Action Records Half-Told Tales 2026 Rock Action Records
Álbums en directo Mad For Sadness (Go! Beat, 3 de maio de 1999) The Cunted Circus (Private pressing, 2003) Acoustic Request Show (Private pressing, 2005)
Recompilatorios e EPs The Girls of Summer EP Live Cherubs EP Singles Fukd ID 2 Quiet Violence The Shy Retirer EP Ten Years Of Tears
Véxase tamén Ligazóns externas www.arabstrap.co.uk www.malcolmmiddleton.co.uk www.aidanmoffat.co.uk
Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de sadcore Categoría:Grupos musicais de Escocia Categoría:Grupos musicais formados en 1995 Categoría:Grupos musicais separados en 2006