Antonio Barragán Fernández, nado en Pontedeume o 12 de xuño de 1987, é un futbolista galego. Xoga de defensa e o seu equipo actual é o Elche CF da Liga Santander.
Traxectoria Nado en Pontedeume, pertenceu á canteira do Sevilla FC antes de ser contratado polo Liverpool de Rafa Benítez, mais ante a ausencia de oportunidades, volveu a Galicia para recalar no Deportivo da Coruña.
Na tempada 2009–10, chegou ao Real Valladolid coa carta de liberdade, firmando por tres tempadas.
Trátase dun lateral dereito de nivel defensivo, difícil de superar nos "un contra un", ten moita intuición e case sempre escolle a opción máis adecuada. Cun gran físico para a práctica deste deporte, posúe un bo sprint e moito percorrido, gustándolle incorporarse ás posicións de ataque continuamente.
O 30 de agosto de 2011 anunciouse a súa fichaxe polo Valencia CF por 5 tempadas, cun custo de 1,5 millóns de euros."El Valencia cierra el fichaje de Barragán, del Valladolid"
Selección nacional Era habitual nas categorías inferiores da selección española, dándose a coñecer no Europeo sub-19 de 2006.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en fifa.com
Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Pontedeume Categoría:Futbolistas de Pontedeume Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Liverpool FC Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Valencia CF Categoría:Xogadores do Middlesbrough FC Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia