Xosé Luís Abadín, nado en Ourense o 13 de marzo de 1987, é un piloto de automobilismo galego.

Traxectoria No ano 2001 iniciouse no mundo do karting, competindo durante cinco edicións consecutivas no Campionato galego de kárting: en 2004 consegue o seu primeiro bronce final e en 2005 faise co campionato. Ese mesmo ano tamén conseguiu o Campionato de kárting de Castela e León.

En 2006 e 2007 participou no campionato - escola Master Júnior Fórmula, promovido por Emilio de Villota, e en 2008 deu o salto á Fórmula 3 española co equipo madrileño Novo Team, pilotando un Dallara F308. Porén, en setembro dese ano, e a metade de tempada, Abadín tivo que deixar de competir por problemas orzamentarios. En 2008 asinou de novo con Novo Team nesa categoría .

Notas

Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1987 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Pilotos de automobilismo de Galicia