The Lion King é o trixésimo segundo filme de animación producido por Walt Disney Pictures. O filme estreado o 24 de xuño de 1994 e distribuído por Buena Vista Pictures nos cines dos Estados Unidos.

A trama, baseada no relato de Hamlet de William Shakespeare e pasaxes da Biblia, xira en torno a un león cativo chamado Simba que debe aprender sobre o seu lugar no "ciclo de vida", loitando contra varios obstáculos para se converter no lexítimo rei e suceder o seu pai no trono.

O filme é un musical cuxas cancións foron compostas polo compositor Elton John e o letrista Tim Rice. A banda sonora, e unha das súas cancións, gañou o Premio Oscar da Academia de cine estadounidense.

Sinopse A historia de The Lion King acontece na sabana África, onde o líder dos animais do lugar é un león, Mufasa. Simba, o seu fillo, é o sucesor que está aprendendo o que deberá facer cando tome o relevo no seu cargo. Pero o seu tío Scar (Jeremy Irons) intentará facerse co poder matando a Mufasa e mais a Simba. O pequeno león, que consegue fuxir, bótase as culpas da morte de seu pai. Cando se atopa con Timon e Pumbaa, estes ensínanlle a vivir segundo o estilo do Hakuna Matata, sen preocupacións. Tempo despois, cando xa é grande, Simba retorna ao seu fogar para loitar contra Scar e así recuperar o trono.

Voces Matthew Broderick e Jonathan Taylor Thomas como Simba Jeremy Irons como Scar James Earl Jones como Mufasa Nathan Lane como Timon Ernie Sabella como Pumbaa Whoopi Goldberg como Shenzi Cheech Marin como Banzai Jim Cummings como Ed Moira Kelly e Niketa Calame como Nala Robert Guillaume como Rafiki Rowan Atkinson como Zazu Madge Sinclair como Sarabi Zoe Leader como Sarafina

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Cinema de animación Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Rob Minkoff Categoría:Filmes dirixidos por Roger Allers Categoría:Filmes con banda sonora de Hans Zimmer Categoría:Filmes ambientados en África Categoría:Filmes sobre animais Categoría:Filmes sobre leóns Categoría:Filmes sobre a realeza Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical Categoría:Filmes musicais Categoría:Filmes gañadores do Óscar á mellor canción orixinal Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX