María Eugenia Vaz Ferreira, nada en Montevideo o 13 de xullo de 1875 e finada na mesma cidade o 20 de maio de 1924, foi unha profesora e poetisa uruguaia.
Foi a irmá máis nova do filósofo Carlos Vaz Ferreira e contemporánea doutros poetas como Delmira Agustini e Julio Herrera y Reissig. Tivo unha saúda precaria, falecendo antes de cumprir 49 anos, e antes de ver publicada a súa obra. Os dous volumes La isla de los canticos e La otra isla de los canticos foron publicados polo seu irmán Carlos.
María foi unha poeta metafísica, escribiu poemas que falan da paixón, da morte, da esperanza, e dos misterios do amor e da existencia.
Obras Canto verbal El ataúd flotante Elegía crepuscular Hacia la noche Heroica Historia póstuma Holocausto Invocación La estrella misteriosa La rima vacua Las quimeras Oda a la belleza Regreso Tu rosa y mi corazón Vaso furtivo Voz del retorno
Compilacións póstumas La isla de los canticos, 1924 La otra isla de los canticos. Prólogo de Emilio Oribe, Impresora Uruguaya. Montevideo. 1959
Bibliografía Antología de Poetisas Americanas, Juan Parra del Riego, Montevideo, 1923, páxinas 7-25.
Vaz Ferreira Vaz Ferreira Categoría:Poetas do Uruguai Categoría:Nados en 1875 Categoría:Nados en Montevideo Categoría:Finados en 1924