The Children of Húrin é unha novela de fantasía épica e traxedia escrita por J. R. R. Tolkien. Escribiu a versión orixinal da historia a finais da década de 1910, revisouna varias veces despois, mais non a completou antes da súa morte en 1973. O seu fillo, Christopher Tolkien, editou o manuscrito para formar unha narrativa consistente, e publicouna en 2007 como un libro autónomo. O libro contén 33 ilustracións de Alan Lee, das cales oito están a páxina completa e a cor. A historia é un dos tres "grandes contos" ambientados na Primeira Idade da Terra Media de Tolkien, sendo os outros dous Beren and Lúthien e The Fall of Gondolin.J.R.R. Tolkien, Christopher Tolkien, editor, The Children of Húrin, p.10

Sinopse Húrin, un dos maiores guerreiros humanos das antigas eras, é aprisionado por Morgoth e maldicido por se rexeitar a traizoar aos elfos. Acorrentado de forma máxica a unha cadeira nun alto pico, é forzado cruelmente a asistir a todos os males que se abateran sobre a súa propia familia. O seu fillo, Túrin, fai xustiza á memoria do seu pai, mais ao longo das súas moitas batallas, traxedias marcan todas as súas accións e a todos os que o aman.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Obras literarias de 2007 Categoría:Obras literarias en inglés Categoría:Obras de J. R. R. Tolkien Categoría:Libros sobre a Terra Media