As Bouzas é un lugar da parroquia de Macendo no concello ourensán de Castrelo de Miño na comarca do Ribeiro. Tiña 47 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 25 eran homes e 20 mulleres. Iso supón un aumento da poboación respecto a 2010, cando tiña 44 habitantes (24 homes e 20 mulleres).
Hai unhas vistas espectaculares ao encoro do río Miño. As Bouzas conta cunha pequena asociación de veciños.
Festas A primeira fin de semana despois da Semana Santa celébranse as festas da pascuilla na honra a Santo Antonio. O sábado festéxase a festa da rosquilla (feitas un día antes polas mulleres do lugar cunha receita antiga) e o domingo un xantar onde se come polbo e carne ao caldeiro.
Lugares e parroquias Lugares de Macendo
Parroquias de Castrelo de Miño
Notas
Categoría:Lugares de Castrelo de Miño Categoría:Castrelo de Miño poboación 2011