miniatura|dereita|300px|Esterco nun campo dinamarqués. O esterco, cuito ou argueiro é o resultado da mestura dos excrementos dos animais domésticos e mais da cama de palla ou molime que estra a corte. Utilízase para fertilizar os cultivos, sobre todo nos cultivos tradicionais e na agricultura ecolóxica.

O valor do esterco débese á achega de materia orgánica para recupera-los nutrientes da terra extraídos polos cultivos.

Na agricultura emprégase principalmente o esterco procedente das cortes de gando vacún, pero tamén o de cabalo ou outras bestas, de ovella, de galiña etc. O esterco de porco proveniente de granxas ten consistencia líquida e denomínase zurro. En tempos, mesmo os excrementos humanos aproveitábanse para formar esterco:

Vai coller o gasto cun sacho e cun cesto, o gasto das bestas, dos homes e cerdos Fr. Martín Sarmiento: Coloquio en mil duascentas coplas galegas.

Cos fertilizantes sintéticos, o esterco deixou de empregarse bastante na agricultura intensiva, manténdose o seu uso nas leiras pequenas. A agricultura ecolóxica recuperouno porque ese enriquecemento da terra se fai sen o uso de produtos químicos. O esterco, e igualmente a compostaxe, é a base do chamado humus na agricultura ecolóxica.

Chámase esterqueira o lugar onde se deposita o esterco ata o momento de botalo nas terras; e estercadura a acción e efecto de estercar.

O esterco na cultura popular galega miniatura|300px|Montes de esterco preparado para estendelo nas terras A herba que come o teu gado ca esterca faiche bo pago. A sacha á mes en xaneiro válelle por un esterqueiro. Antes falte a palabra na praza que o esterco na corte. Auga de xaneiro medio esterqueiro. Ben cheira o diñeiro, inda que veña dun esterqueiro. Bo esterco, bo feito. Bota esterco ó pan que as terras cho pagarán. Canto máis gando, menos esterco. Carro de folla, montón de esterco. De millor palla fixen eu esterco. Esterco de charamela, todo é candea.Charamela é un dos nomes da frouma do piñeiro.'' Esterco de charamela, todo é purrela. Esterco de fieito, grao polo peito. Esterco de folla, grau pola trolla. Esterco de palla, esterco de nada. Esterco de palla, grau pola barba. Esterco de silva, grau pola crisma. Esterco de xesta, grau pola testa. Esterco de xesta, grau por enriba da testa. Foches á folla, perdeches o tempo, carro de folla, cesto de esterco. Foches á folla, perdéche-lo tempo: un carro de folla, unha cesta de esterco. Moito gando, pouco esterco. Nin de malva bon vencello nin de esterco bon olor, nin de mozo bon consello nin de puta bon amor. No estercar e no sachar non debes reparar se queres colleitar. O diñeiro e o esterco, onde están, pulan. O esterco non é santo, pero onde cae fai milagros. O que naceu no esterco, sempre cheira a el. O trigo coa xesta, pola testa; co toxo, polo ombro, e coa folgueira, pola caralleira. Onde moito gando, pouco esterco. Quen na corte se criou, sempre a esterco ha de cheirar. Si estrumas con rebola, dareiche pola gorra. Si estrumas con xesta, dareiche pola testa. Vaca de pouca herba, pouco leite e mala esterca.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Fertilizante

Categoría:Gandaría Categoría:Agricultura Categoría:Fertilizantes