O campo de internamento de Frongoch situado en Frongoch, Merionethshire, Gales foi un campo de prisioneiros improvisado durante a primeira guerra mundial. Ata 1916 albergou prisioneiros alemáns en destilerías abandonadas e cabanas vulgares, mais tras os sucesos do Alzamento de Pascua de 1916 en Dublín, Irlanda, os prisioneiros alemáns foron trasladados e empregouse como lugar de internamento de aproximadamente 1.800 prisioneiros irlandeses, entre eles algúns tan notables coma Michael Collins e Arthur Griffith. A todos eles se lles outorgou o status de prisioneiros de guerra. É un feito erróneo que Éamon de Valera tamén estivo preso en Frongoch.The Green Dragon No 4, Autumn 1997 Durante esa época De Valera estivo preso nas prisións de Dartmoor, Maidstone e Lewes. O campo converteuse nun próspero campo de cultivo para a divulgación do credo revolucionario, con inspirados organizadores coma Michael Collins dando clases improvisadas en tácticas guerrilleiras. Após o campo chegou a ser coñecido coma ollscoil na réabhlóide, a "Universidade da Revolución" ou ás veces a "Universidade do Sinn Féin".
Co nomeamento do Lord Decies (John Beresford) coma Censor en Xefe da Prensa de Irlanda tras o Alzamento de 1916, este advertiu á prensa que tiveran moito ollo co que publicaban. O Xornal Cork Free Press de William O'Brien foi un dos primeiros xornais que clausurou baixo a Acta de Defensa do Reino de 1914, despois de que o seu editor republicano, after Frank Gallagher, acusara ás autoridades británicas de mentir sobre as condicións e situación dos prisioneiros republicanos no campo de internamentoPeter Martin Censorship in the two Irelands 1922-39, Introduction p.9, Irish Academic Press (2008) ISBN 0-7165-2829-0.
O campo foi baleirado en decembro de 1916 cando David Lloyd George substituíu a Herbert Henry Asquith coma Primeiro Ministro.
A escola local de Ysgol Bro Tryweryn atópase agora no sitio onde antes estaba o campo, aínda que hai unha placa conmemorativa nos arredores, con inscricións en gaélico, galés e inglés.
Notas
Véxase tamén Bibliografía "Fron-Goch and the birth of the IRA" (2006) Lyn Ebenezer "With the Irish in Frongoch" (Talbot Press, Dublin, 1918) W. Brennan Whitmore
Categoría:Campos de concentración Categoría:Historia de Irlanda Categoría:Historia do Reino Unido Categoría:Artigos sen imaxes