O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de xullo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.
Denominacións populares do mes de xullo son mes de Santiago (ou simplemente, Santiago), e mes da sega ou seitura (alcumes estes que comparte con agosto Constantino García González.).
Crenzas e supersticións Santa Marta celébrase o 29 de xullo. É avogosa dos xordos, que acoden á igrexa de Santa Marta de Babío (en Bergondo, A Coruña) a que lles boten o aceite nos oídos.
Léxico Chámase mazá do Santiago a unha variedade temperá de mazá. Tamén hai unha pera santiaguesa, unha variedade de pera.
Refraneiro miniatura|200px|Dende maio a xullo, as cereixas son coma puños. Aí vén o mes de Santiago co seu canado! Canado, metonimia por chuvia. Eladio Rodríguez González, s. v. Santiago. No orixinal: ahí, ven.Rosario Soto Arias 2013. As abellas da Madalena, Dios as trai e Dios as leva A Madalena celébrase o 22 de xullo. Eladio Rodríguez González, s. v. abella. Cando Santiago non mexa, Santa Ana levanta a saia É dicir, se non chove por Santiago, 25.07, choverá ó día seguinte, 26.07, Santa Ana). M. X. López Castro.. Chuvia de San Cristovo, co seu cobo San Cristovo celébrase o 25 de xullo. Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia. No orixinal: Cristobo.. Chuvia de Santa María, coa súa regazadiña Santa María celébrase o 18 de xullo. Eladio Rodríguez González, s. v. chuvia.. Chuvia na semana da Ascensión cría nos trigos mourón, pro é un regalo San Pedro co seu xerro, San Cristobo co seu cobo, Santa María coa súa regazadiña, Santiago co seu canado, San Lorenzo co seu caldeiro penso, Nosa Señora coa súa ola e San Miguel co seu tonel O refrán alude ás chuvias de verán nas que confían os labregos, desde maio (mes no que adoita caer o Día da Ascensión) ata setembro (San Miguel).. De san Xoán, Santiago i agosto, mulleres, non son voso; dende Nadal a marzo, estarei ó voso lado Elario Rodríguez González, s. v. muller.. Dende maio a xullo, as cereixas son coma puños. Día de santa Mariña, vai á viña, que como a toparás, vindimarás O día de Santa Mariña é o 18 de xullo. Día de santa Mariña, vai ve-la túa viña, e como a encontrarás, así a vindimarás. Día de Santiago á mañá, nabiños a semear. Eí vén santa Ana coa súa regasada Santa Ana, 26 de xullo. En abril, cátanos no cubil; en maio, xa son bo gallo; en san Xoán xa lle dou a carreira ó can; en santa Mariña xa vou pola cabritiña; en agosto xa vou co meu pai polo rostro; en Santos xa mato os bois nos campos e en xaneiro xa podo co carneiro. En abril está a loba no cubil, en maio sae co pai ó lado, en san Xoán atrévese co can, en Santa Mariña xa colle a cabritiña, en agosto sae co pai ó rostro. En marzo, nazo; en abril, estou no cubil; en maio, xa saio; en san Xoán, xa fuxo do can; en santa Mariña, xa pillo a galiña; e en agosto, xa son bo raposo. En marzo, nazo; en abril estou no cubil; en maio, xa saio; en San Xoan xa fuxo ó can; en Santa Mariña xa pillo a galiña, e en agosto xa son bo raposo Refírese ás sucesivas idades do raposo. Eladio Rodríguez González, s. v. marzo. No orixinal: i en agosto.Real Academia Galega 1913, s. v. agosto. No orixinal: mayo, ja sayo, San Juan, ja fuxo, ao can, ja pillo, ja son, bon.. En san Xoán, bótalle a fouciña ó pan; en Santa Mariña, da meda fai fariña. En santa Mariña colle o sacho e deixa a fouciña. En Santiago e agosto estroupelear, que é tempo do liño mazar. miniatura|300px|En xullo arder, as patacas coller.
En agosto corre o sol como o lóstrego.
En xullo arder, as patacas coller Saudade nº 3, maio 1943, 24-25.. Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra. Entre San Xoan e Santiago, Dios nos libre dun nubrado Eladio Rodríguez González, s. v. San Xoan.. Home sen fortuna: parto de porca en maio e da muller na seitura. Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granado, San Xoán segado, Santa Mariña a airiña Juan Sobreira Salgado: Papeletas. No orixinal: mayo, San Joan, ayriña. Airiña, por eira.. Marzo, espigarzo; abril, penduril; maio, granado; san Xoán, curado. Na santa Mariña, metelo na arquiña Tamén corre como adiviña, tendo como solución o pan, é dicir, o trigo.. No Carme, todo o mundo come carne O Carme, 16 de xullo.. O bo nabal comeza por Santiago e acaba con Nadal. O día de san Benito sae o cuco do seu sitio San Bieito, 11 de xullo. O día de san Xoán créballe a primeira raíz ó pan, o día de san Pedro, créballe a do medio, e o día de santa Isabel ...¡fouciñas a el! Santa Isabel celébrase o 4 de xullo. O mes de xaneiro é o xeadeiro; febreiro, muliñeiro; marzo, esqueiroso; abril, chuvioso; maio, pardo; san Xoán, claro; en seitura, sol; e en agosto, mellor. Pola santa Mariña, deixádeme a porretiña. Pola Santa Mariña pinga a sardiña Santa Mariña, 18 de xullo. Lino Lema Bouzas, 8.. Pola Santa Mariña salga a sardiña Lino Lema Bouzas, 8.. Pola santa Mariña, vai ve-la túa viña, e, cal a cates, tal a vindimas Eladio Rodríguez González, s. v. viña.. Polo san Bartolo, a boa fiandeira comeza a súa tea, e a máis lixeira pola Madalena San Bartolo ou Bertomeu celébrase o 24 de agosto; a Madalena, o 22 de xullo.. Polo san Cristovo, xa o millo lle tapa a ala ó corvo San Cristovo celébrase o 10 e o 25 de xullo. Polo Santiago cegoñas e polos a xeirar polos agros. Polo Santiago comenza na viña a pintar o bago Eladio Rodríguez González, s. v. Santiago.. Polo Santiago esconde o coello o rabo, e por san Miguel vólveselle ver. Polo Santiago non hai mal cabalo . Polo Santiago seméntase o nabo. Por moito que queira ser xullo, pouco ha de chover. miniatura|300px|Por Santa Magdalena, a abelá chea.
Por Santa Mariña, corre o sol coma a galiña.
Por Santa Madalena, a abelá chea. Por Santa Marina, báixame a porretiña. Por Santa Mariña deita a túa galiña. Por Santa Mariña deixa o sacho e colle a fouciña. Por Santa Mariña mata a túa galiña. Por Santa Mariña mira a túa viña, así como a verás, así vendimarás. Por Santa Mariña pinga a sardiña. Por Santa Mariña vai ve-la túa viña, como a terás, así vendimarás. Por Santiago esconde o coello o rabo; e por San Miguel, vólveselle ver . Por Santiago nin no taco nin no saco. Por Santiago, xa pinta o bago. Pra coller moitos nabos, por Santiago sementalos. Pra o porco e a galiña, que pase a Santa Mariña. Quen ó sementar é mesquiño, prá seitura escusa fouciño Lémbrese que a xullo tamén o chaman mes da seitura. Eladio Rodríguez González, s. v. seitura.. San Bieito rega a eito. Santiago trae o seu canado, santa Mariña a súa cabaciña, e san Roque o seu pipote San Bieito, 11 de xullo (noutros lugares en marzo ou o 15 de xullo); Santiago, 25 de xullo; Santa Mariña, 18 de xullo; San Roque, 18 de agosto.Rosario Soto Arias 2013.. San Cristovo co seu cobo, San Pedro co seu xerro, Santa Mariña coa súa reguiña e Santiago co seu canado. San Filipe merca, Santiago peita. Santa Ana, uña pintada Santa Ana celébrase o 26 de xullo.. Santa Mariña rega coa súa cabaciña e Santiago co seu canado. Santa Mariña, fruto na arquiña Por santa Mariña (18 de xullo) xa hai que ter a colleita recollida.. Santa Mariña rega coa súa cabaciña e Santiago co seu canado . Santiago manda o pan, san Migueliño manda o viño, san Francisco manda a landre e santo André o touciño. Santiago trae as béveras e os figos leva santa Tegra. Santiaguiño sempre co seu cabaciño. Se chora Marta, rí Lázaro; se Lázaro chora, Marta rí Santa Marta celébrase o 29 de xullo; San Lázaro, o domingo anterior a Ramos. Se en xaneiro tose o neno, non teñas medo; se tose no mes da sega, pode ir pra terra. Se queres graxiña, cébao na santa Mariña. Xulio xulieiro, trae o centolo baleiro Lino Lema Bouzas, 9..
Cantigueiro De ise outro lado do río/ ten meu pai un castiñeiro/ que dá peras no San Xoán,/ uvas blancas no xaneiro Xaquín Lorenzo Fernández, 68.. Déchesme unha pera parda/ e unha mazá xoaneira;/ déchesme unha pera parda,/ Dios cho pague, churrusqueira Xaquín Lorenzo Fernández, 67.. San Benitiño do ollo redondo,/ hei de ir alá, miña nai, se non morro,/ hei de levar unha bota de viño/ pra emborrachar ó San Benitiño Xaquín Lorenzo Fernández, 141. Xaquín Lorenzo non localiza este San Benitiño, pero San Bieito celébrase, maioritariamente, o 11 de xullo, aínda que o 21 de marzo é o San Bieito de inverno..
Notas
Véxase tamén Bibliografía ÁLVAREZ GIMÉNEZ, Emilio: Refranero agrícola y metereológico gallego. Pontevedra 1904. ANÓNIMO: Saudade. Verba Galega nas Américas, México 1942-1953. Ed. facsímile do Centro do Ramón Piñeiro 2008. GARCÍA GONZÁLEZ, Constantino: Glosario de voces galegas de hoxe, Verba, anexo 27, Universidade de Santiago 1985. FERRO RUIBAL, Xesús (dir.) e outros: Diccionario dos nomes galegos. Ir Indo, Vigo 1992. LEIRO LOIS, Adela (dir.): Cambados: a tradición oral. Colexio Público Castrelo. Cambados 1986. LEMA BOUZAS, Lino (compilador): Ditos e cantigas mariñeiras. I Encontro de embarcacións tradicionais, Galicia 1993. LÓPEZ CASTRO, M. X.: A fala de Sarria (Lier, Calvos, Castelo), Univ. de Santiago 1990. LORENZO FERNÁNDEZ, Xaquín: Cantigueiro popular da Limia Baixa, Galaxia, Vigo 1973. MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refrás galegos do home. Ed. do autor, Lugo 1977. MOREIRAS SANTISO, Xosé: Os mil e un refráns galegos da muller. Alvarellos, Lugo 1978. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Eladio: Diccionario enciclopédico gallego-castellano. Galaxia, Vigo 1958-1961. SOBREIRA, Juan: Papeletas de un diccionario gallego (1792-1797), ed. de J. L. Pensado Tomé, Instituto de Estudios Orensanos, Ourense 1979. SOTO ARIAS, Mª Rosario: "Notas para un estudo dos refráns haxiocronolóxicos", en Cadernos de Fraseoloxía Galega 15, 2013, 347-370. ZAMORA MOSQUERA, Federico: Refráns e ditos populares galegos. Galaxia, Vigo 1972.
xullo Categoría:Xullo