A praia de Area das Vacas é un pequeno areal situado na parroquia de Canduas, no concello de Cabana de Bergantiños. Esta bañada pola ría de Corme e Laxe, e presenta un estado case natural.
O seu nome vén dado porque era un lugar común onde os veciños da parroquia levaban a pastar as vacas.
Entre a súa flora e fauna están as especies comúns de moitos areais galegos, con peixes como o maragota (Labrus bergylta), a robaliza (Dicentrarchus labrax) ou o sargo (Diplodus sargus); crustáceos como o camarón, cangrexo e boi; moluscos como o mexillón (Mytilus galloprovincialis) ou a lapa; e aves como a gaivota, o corvo mariño ou o mazarico.
Nela practícase pesca deportiva. Véxase tamén Outros artigos Camiño dos Faros
Area das Vacas Categoría:Camiño dos Faros