O Millennium Stadium (en galés Stadiwm y Mileniwm) é o estadio nacional de Gales, localizado na súa capital, Cardiff. Neste recinto adoitan xogar as seleccións galesas de rugby e de fútbol mais tamén acolle outros grandes eventos coma o Rally de Gales (Wales Rally GB), etapa do Campionato Mundial WRC, o Gran Premio de Speedway de Gran Bretaña, boxeo e unha grande selección de concertos, con artistas como por exemplo Tina Turner, Madonna, The Rolling Stones ou o festival de Tsunami Relief.

miniatura|dereita|O Milennium Stadium por fóra.

O estadio abriu en xuño de 1999 e o primeiro grande evento internacional que acolleu foi un partido amigábel de rugby o 26 entre as seleccións de Gales e Suráfrica. É o estadio con teito retractábel máis grande do mundo e o segundo en construírse en Europa destas características despois do Amsterdam ArenaMillenium Stadium: Background to the Project . Cando se acabou de construír este era o estadio máis grande do Reino Unido con capacidade para 74.500 espectadores, máis co tempo foi superado polo Twickenham Stadium, Old Trafford e o novo Wembley Stadium. Agora mesmo é o cuarto estadio en capacidade do Seis Nacións tras Twickenham, o Stade de France e o Croke Park, o máis grande.

O dono do Millennium Stadium é a Millennium Stadium plc unha compañía subsidiaría da Federación de Rugby Galesa (WRU). O total da construción custou £121 millóns dos que a Millennium Commission achegou £46 millóns.

Notas

Categoría:Estadios de rugby de Gales Categoría:Estadios de fútbol de Gales