Marisol Yagüe, nada en La Línea de la Concepción (provincia de Cádiz) en 1952, é unha política española.

Traxectoria Converteuse en alcaldesa de Marbella o 13 de agosto de 2003 grazas a unha moción de censura apoiada por oito tránsfugas do que era entón o seu partido (o GIL, Grupo Independiente Liberal), tres edís do PSOE e outros tres do PA, arrebatándolle o posto ao ata entón alcalde Julián Muñoz, tamén do GIL.

Tras a moción de censura, Yagüe abandonou o GIL tras 12 anos e pasou ao Grupo mixto A xunto aos tránsfugas do GIL. Trátase da primeira muller que se converteu en rexedora marbellí e o inicio do seu mandato supuxo o fin de máis dunha década de goberno do GIL no municipio.

Escándalos Como alcaldesa, Yagüe enfrontouse a varios escándalos de corrupción. En 2006 a súa casa foi embargada de forma preventiva despois de que unha empresa construtora a acusase de tentar pagarlle a reforma que fixera á súa vivenda con diñeiro municipal. O 1 de abril de 2006 ingresou en prisión incondicional como imputada polo caso Malaya, aínda que saíu do cárcere posteriormente baixo fianza.

O 27 de xaneiro de 2016 ingresou no cárcere de Alhaurín de la Torre para cumprir unha pena de cinco anos e medio polo caso Malaya.

En 2020, a Audiencia de Málaga iniciou un xuízo contra Yagüe, que foi acusada polos delitos de prevaricación e malversación e por designar ao seu marido no ano 2003 (tamén procesado nesta causa) como coordinador nunha área do Concello de Marbella sen seguir os procedementos legais estabelecidos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Caso Malaya

Ligazóns externas El culebrón marbellí (III): Marisol Yagüe en 20minutos.es Ascenso y caída de Marisol Yagüe en elmundo.es Corrupción en Marbella: Cronología en elmundo.es

Categoría:Alcaldes de Marbella Categoría:Nados en La Línea de la Concepción Categoría:Nados en 1952 Categoría:Personalidades sen imaxes