O termo Goleta pode referirse a:

Unha goleta é unha embarcación lixeira a vela.

Como topónimo, quizais chamados así en relación á batalla da Goulette (actual Tunisia), como apunta Gonzalo Navaza, pode referirse a:

En Galiza A Goleta, lugar da parroquia de Arca, no concello da Estrada; A Goleta, lugar da parroquia de Camposancos, no concello de Lalín; A Goleta, lugar da parroquia de Madriñán, no concello de Lalín; A Goleta, lugar da parroquia de Meirol, no concello de Mondariz; A Goleta, lugar da parroquia de San Breixo, no concello de Monterroso; A Goleta, lugar da parroquia de San Mamede do Carballal, no concello de Palas de Rei; A Goleta, lugar da parroquia de Lamela, no concello de Silleda; A Goleta, lugar da parroquia de Loxo, no concello de Touro; A Goleta, lugar da parroquia de Candeán, no concello de Vigo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos La Goulette, porto de Tunisia.