Arthur Wynne, nado en Liverpool en 1862 e finado en 1945, foi un editor británico e construtor de crebacabezas en Inglaterra e nos Estados Unidos. Foi o inventor do encrucillado en 1913.
Traxectoria Mentres traballaba para o New York World pedíuselle que desenvolvese un novo xogo para o xornal. Wynne recordou un xogo da súa nenez denominado cadrados máxicos. O primeiro encrucillado foi publicado o 21 de decembro de 1913.
Nun primeiro momento denominóuselle palabra-cruz, sendo a súa estrutura en forma de diamante e sen os cadros negros característicos. Pouco tempos despois modificouse converténdose no encrucillado como o coñecemos hoxe, con cadrados negros.
No ano 1924 publicou o seu primeiro libro de encrucillados.
Categoría:Inventores do Reino Unido Categoría:Nados en Liverpool Categoría:Nados en 1862 Categoría:Finados en 1945