Tottori (鳥取市, とっとりし, Tottori-shi) é un concello e cidade do Xapón, capital da prefectura de Tottori. Sitúase na zona da provincia histórica de Inaba, ao oeste da rexión de San'in, na parte nordés da rexión de Chugoku, na illa de Honshu. Ten 765,66 km² de superficie, unha poboación de 198.682 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 259 hab./km².
O concello de Tottori limita por terra cos concellos de Yurihama, Misasa, Chizu, Yazu, Iwami (que son da prefectura de Tottori); Kagamino, Tsuyama (que son da prefectura de Okayama); e Shin'onsen (este último é da prefectura de Hyōgo).
Economía Banco de Tottori (鳥取銀行).
Universidades Universidade de Tottori (鳥取大学). Universidade de estudos de Medio ambiente de Tottori (鳥取環境大学).
Cidades irmandadas Kuxiro-shi (1963). Himeji-shi (1972). Iqueda-shi (1989). Cheongju (1990). Iwakuni-shi (1995). Hanau (2001). Kooriiama-shi (2005).
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Tottori . Sitio web oficial da cidade de Tottori .
Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Tottori Categoría:Rexión de San'in Categoría:Cidades do Xapón