A prefectura de Ishikawa (石川県, いしかわけん, Ishikawa-ken) é unha prefectura do Xapón, que se atopa na rexión de Chūbu ou rexión de Hokuriku, na parte centro da illa de Honshu. A súa capital é Kanazawa-shi.
A prefectura cobre 4.185,54 km² de superficie e habítana 1.168.084 persoas.
A prefectura de Ishikawa fai fronteira coas prefecturas de Fukui, Gifu e Toyama.
Antes da Restauración Meiji coñecíase como as provincias de Kaga (加賀国) e Noto (能登国), o dominio de Clan Maeda, tamén se di "Kaga hyakuman-goku" (加賀百万石).
Xeografía dereita|250px|miniatura|Mapa da prefectura de Ishikawa. Cidades Hakui-shi (羽咋市, はくいし) Hakusan-shi (白山市, はくさんし) Kaga-shi (加賀市, かがし) Kaghoku-shi (かほく市, かほくし) Kanazawa-shi (金沢市, かなざわし: capital) Komatsu-shi (小松市, こまつし) Nanao-shi (七尾市, ななおし) Nomi-shi (能美市, のみし) Suzu-shi (珠洲市, すずし) Wallima-shi (輪島市, わじまし)
Distritos Hakui-gun (羽咋郡, はくいぐん) Ghoudatsuximizu-chou (宝達志水町, ほうだつしみずちょう) Xika-machi (志賀町, しかまち) Housu-gun (鳳珠郡, ほうすぐん) Anamizu-machi (穴水町, あなみずまち) Noto-chou (能登町, のとちょう) Ixikawa-gun (石川郡, いしかわぐん) Nonoichi-machi (野々市町, ののいちまち) Kaghoku-gun (河北郡, かほくぐん) Tsubata-machi (津幡町, つばたまち) Uchinada-machi (内灘町, うちなだまち) Kaxima-gun (鹿島郡, かしまぐん) Naka-noto-machi (中能登町, なかのとまち) Nomi-gun (能美郡, のみぐん) Kawaquita-machi (川北町, かわきたまち)
Historia Ishikawa foi formada en 1872 pola fusión da provincia de Kaga coa súa veciña ao norte, a provincia de Noto. Esta reestruturación do territorio non foi senón unha máis das moitas medidas que chegaron co nacemento da era Meiji (1868-1912) e a súa modernización do país.
O 5 de maio de 2023, a localidade de Noto desta prefectura foi sacudida por un tremor de magnitude 6.3, deixando polo menos un morto.
Economía A industria de Ishikawa está dominada pola industria téxtil, en particular as teas artificiais, e a industria da maquinaria, en particular a maquinaria de construción.
Universidades Universidade de Kanazawa (金沢大学) Universidade da prefectura de Ishikawa (石川県立大学)
Turismo Destaca o xardín de Kenroku-en (兼六園) - Localízase en Kanazawa-shi.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial da prefectura de Ishikawa . Sitio web oficial da prefectura de Ishikawa .
Categoría:Prefectura de Ishikawa