Lucía Pérez Vizcaíno, nada en Goo (O Incio) o 5 de xullo de 1985, coñecida artisticamente como Lucía Pérez, é unha cantante galega. Representou a España no Festival de Eurovisión 2011, en Düsseldorf (Alemaña), co tema «Que me quiten lo bailao». Foi a primeira galega en facelo por España e obtivo o 23º posto, con 50 puntos.

Traxectoria

Estudou Maxisterio na Universidade de Oviedo e Pedagoxía Musical.

A súa andaina no mundo da música comezou cando tiña 8 anos, na escola. En 2002 consegue a vitoria no concurso da TVG Canteira de cantareiros, dirixido a cantantes afeccionados. Ao ano seguinte publica o seu primeiro álbum Amores y amores.

En 2004 Queda mucha vida foi o himno da Asociación Española contra o canto, interpretada con Chema Purón. En 2005 participa no festival da canción de Viña del Mar (Chile), onde queda segunda coa canción Qué haría contigo, e que ten como consecuencia unha serie de actuacións nese país americano e mais na Arxentina, que alterna con concertos en Galicia. En 2009 participa por segunda vez no Festival de Viña del Mar. Foi a elixida para interpretar o Himno de Galicia na toma de posesión de Alberto Núñez Feijoo na Praza do Obradoiro.

Cantante bilingüe en galego e castelán, ten gravado xa varios temas en galego: dous no primeiro álbum, dous no segundo (a canción "Amarás miña terra" foi finalista dos Premios de la Música de España á mellor canción en galego), un no terceiro: unha versión de "Adiós ríos, adiós fontes", o poema de Rosalía de Castro e no cuarto Dígocho en galego (2010) é todo en galego. En Quitapenas o último tema é "Sete chorares"

Quince soles é un disco íntegro en galego. Inclúe colaboracións de artistas como Vizcaíno, Susana Seivane, Chema Purón, Xabier Díaz, Tonhito de Poi, Sito Sedes, Emilio Rúa, Rosa Cedrón e Chenoa.

Na miña pel de Lucía Pérez é unha iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022 (Portal da Lingua Galega). A peza é unha ranchera con elementos de fusión de diferentes estilos protagonizada por mulleres distintas.

Na TVG foi a presentadora das badaladas de fin de ano no 2011 con Xosé Ramón Gayoso. No 2012-2013 copresentou Heicho cantar, queridiña na mesma TVG.

De Galicia a Eurovisión Durante xaneiro de 2011 foi unha dos trinta candidatos para representar a España no Festival de Eurovisión 2011. No mes de febreiro conseguiu un posto na semifinal do concurso da TVE como unha dos dez candidatos para representar o país no Festival de Eurovisión 2011. O 11 de febreiro de 2011 foi escollida polo público de TVE para pasar á final do concurso Destino Eurovisión como unha dos tres candidatos a representar a España en Düsseldorf. O 18 de febreiro de 2011, finalmente, foi elixida para representar a España no Festival de Eurovisión 2011 coa canción "Que me quiten lo bailao", cun 68% dos votos do público. O 14 de maio de 2011 actuou na posición 22º de 25º participantes na final do Festival de Eurovisión. Logo do seu paso polo escenario de Düsseldorf queda con 50 puntos no posto 23º.

Discografía miniatura|dereita|Lucía Pérez actuando no Orgullo de Madrid, xullo de 2026 Amores y amores (2003). Zouma Records. El tiempo dirá... (2006). Warner Music Spain. Volar por los tejados (2009). Warner Music Spain. Dígocho en galego (2010). Warner Music Spain. Cruzo los dedos (2011). Warner Music Spain. Quitapenas (2014). Warner Music Spain. Quince soles (2018). Lucía Pérez.

Sinxelos

Que me quiten lo bailao (2011). Warner Music Spain. Na miña pel (2021).

Galardóns "Enxebre Orden da Vieira" coa distinción "Vieira de Honor á Calidade Artística". Premio "Galicia Sexta Provincia" como artista revelación. Na primavera de 2005 primeiro premio do “Disco-Pop de Solistas Galegos” pola súa traxectoria. Filla predilecta do Incio. Gañadora do festival Gayvision 2010 2011: personaxe galega do ano para o xornal El Progreso. Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cantando Sementeira con Eva Iglesias en 2022

Categoría:Cantantes de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados no Incio Categoría:Representantes de España en Eurovisión Categoría:Cantantes en lingua galega Categoría:Cantantes en lingua castelá Categoría:Nados en 1985 Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo