A baliza de Carrumeiro Chico está situada nun penedo ao sur do cabo de Cee, no concello de Corcubión.
Características
O Carrumeiro Chico, é unha rocha que apenas amosa a superficie na ría de Corcubión, é un dos maiores perigos para a navegación da zona. A baliza data de 1861, cando se lle dotou dunha boia con campá, substituída en 1917 por unha baliza sobre unha torre de pedra de sete metros de altura, que emite un lampo de luz vermella cada cinco segundos. A súa luz actual é a dunha placa solar de 1000 voltios cunha grande esfera que, xunto coas franxas negras e vermellas pintadas na torre, é o sinal de perigo.
O funcionamento dese sinal depende, coma o do faro de cabo de Cee e a luz das Lobeiras, do faro de Fisterra.
Código 03940 D-1758 Descrición Torre baliza troncocónica MC de perigo illado Altitude 6 m. Características GpD (2) B 7,5 seg. Período 0,5 + 1,5 + 0,5 + 4,5 = 7 seg. Alcance 10 millas náuticas Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de faros de Galicia Ligazóns externas Autoridade Portuaria da Coruña
Carrumeiro Chico Categoría:Artigos de Galicia sen imaxes