Hatsukaichi (廿日市市, はつかいちし, Hatsukaichi-shi) é un concello da prefectura de Hiroshima no Xapón. Está situado na parte oeste da prefectura e no centro da rexión de Chūgoku, na parte oeste da illa de Honshū. Ten 489,36 km² de superficie, unha poboación de 115.103 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 235 h/km².

O concello de Hatsukaichi limita cos concellos de Ōtake, Akiōta, Hiroshima (que son da prefectura de Hiroshima); de Iwakuni (que é da prefectura de Yamaguchi); e de Masuda (este último é da prefectura de Shimane).

Turismo e lugares de interese Itsukushima-jinja (厳島神社, templo xintoísta de Itsukushima, en Miyajima). Daishō-in (大聖院, en Miyajima). Monte Misen (弥山, en Miyajima).

Galería de imaxes

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Hatsukaichi .

Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Hiroshima Categoría:Rexión de San'yō