O Irish National Liberation Army, INLA (en irlandés: Arm Saoirse Náisiúnta na hÉireann, en galego: Exército de Liberación Nacional Irlandés) é unha organización paramilitar de esquerdas republicana irlandesa formada o 8 de decembro de 1974.

Compartindo unha ideoloxía marxista co Movemento Socialista Republicano Irlandés, tivo unha grande influencia nos anos setenta e comezos dos oitenta e é hoxe un dos pequenos grupos armados republicanos irlandeses. Nos seus primeiros tempos, o INLA era coñecido como o People's Liberation Army (PLA). Durante este período, o principal obxectivo do grupo era protexer aos membros do Partido Socialista Republicano Irlandés de ataques do Official Irish Republican Army (IRA Oficial).

O INLA é unha organización ilegal na República de Irlanda onde está clasificada como tal baixo as Actas de Ofensas contra o Estado 1939-1998. O goberno irlandés emitiu unha orde de supresión en 1983.THE OFFENCES AGAINST THE STATE ACTS, 1939 - 1998, . O Reino Unido ilegalizouno coa lexislación anti-terrorista.Home Office - Proscribed Terror Groups — Páxina web do Home Office, accedido o 5 de agosto de 2008, .

Historia Fundación Os fundadores do INLA foron Seamus Costello e outros activistas que deixaran ou foran expulsados do IRA Oficial durante o alto o fogo do OIRA de 1972 e a postura cada vez máis reformista que estaba a tomar o Official Sinn Féin. Costello adoptou unha postura que mesturaba o republicanismo tradicional con posturas marxistas. Pouco despois de ser creado, o INLA foi atacado polos seus antigos compañeiros do OIRA, que tentaban destruír o grupo antes de que puidese medrar.

O 20 de febreiro de 1975, Hugh Ferguson, membro do INLA e cargo do IRSP, foi o primeiro membro en ser asasinado. Unha das primeiras operacións militares do INLA foi o atentado contra o xefe do OIRA Seán Garland en Dublín o 1 de maio. Aínda que recibiu seis disparos, sobreviviu. Logo de varios atentados acordouse unha tregua, pero ao pouco comezaron de novo as loitas. A vítima máis importante da reanudada loita foi Billy McMillen, comandante do OIRA en Belfast, asasinado polo membro do INLA Gerard Steenson. O seu asasinato non fora autorizado pola dirección e foi condenado por Seamus CostelloThe Lost Revolution: The Story of the Official IRA and the Workers' Party, Brian Hanley and Scott Millar, Penguin Books, ISBN 1844881202 pp. 296–297. Isto foi seguido por varios asasinatos máis por parte dos dous bandos, nos que foi morto Seamus Costello, asasinado en Dublín o 6 de outubro de 1977.

Vítimas Segundo a base de datos Sutton da Universidade do Ulster, o INLA foi responsábel de 113 mortes durante o período coñecido como The Troubles, entre 1969 e 2001. Segundo o Roll of Honour do INLA, 33 dos seus membros morreron durante o conflitoIrish Republican Socialist Roll of Honour , accedido o 19 de xaneiro de 2011, .

Vítimas Mortes PorcentaxeForzas de seguridade británicas4641%Forzas de seguridade irlandesas22%Civís3934%Políticos33%Paramilitares republicanos1614%Paramilitares unionistas76%

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Categoría:Organizacións terroristas en Irlanda Categoría:Organizacións terroristas no Reino Unido Categoría:Nacionalismo irlandés