A batalla de Manzikert (ou ‘’Mantzikert’’, hoxe Malazgirt en Turquía) tivo lugar o 26 de agosto do 1071. Nela os turcos selxúcidas baixo o mando de Alp Arslan derrotaron ás tropas bizantinas do basileus Romano IV Dióxenes. Este enfrontamento supuxo un duro golpe para o Imperio Bizantino, xa que o interior de Anatolia quedou accesible os turcos, afastou as súas fronteiras de Armenia e permitiu o asentamento dunha numerosa poboación turca.

Antecedentes

Coa perda de Siria e Exipto, desde o século VII o Imperio Bizantino estaba reducido as súas posesión en torno ao Exeo (na península Balcánica, Asia Menor e as illas), a Magna Grecia e Crimea, sendo Anatolia o principal celeiro e fonte de tropas do exército bizantino. Durante a época de Basilio II consolidárase o dominio nestas áreas, establecéndose unha fronteira oriental co mundo musulmán que ía de Antioquía até Armenia. A defensa desta fronteira estaba encargada a homes libres recrutados na rexión.

Coa crise que seguiu ao fin da , un enfrontamento entre as dúas fontes tradicionais de poder no imperio, o exército e a burocracia imperial, levou a un período de inestabilidade e curtos reinados. Ao "burócrata" Miguel VI Estratiótico, séguelle Isaac I Comneno, que encabezou ao exército fronte ao anterior e realizou importantes esforzos deste por fortalecer os militares. Á súa pronta morte, o seu sucesor Constantino X Ducas aliñouse coa aristocracia civil de Constantinopla, recortando novamente o financiamento do exército.

Esta inestabilidade unida aos recortes ao exército, supuxo na fronteira oriental do imperio a redución do número de efectivos e o abandono de parte das defensas, que quedaron debilitadas ante as incursións dos turcos selxúcidas comandados por Alp Arslan. Así nos anos 1060 comezan os movemento de turcos e kurdos cara Armenia, ocupándoa parcialmente, e asentándose nela. A capital, Ani, sería tomada no 1064,Konstam (2004), p. 40 e no 1067 o resto de Armenia até Caesarea Mazaca na Capadocia bizantina.Norwich (1997), p. 237 Á subida ao trono (1068) de Romano IV Dióxenes, un militar de Capadocia, organizáronse tres sucesivas campañas (Siria en 1068, Armenia en 1069 e no verán de 1070 a campaña dirixida por Manuel Comneno) para recuperar o terreo perdido fronte aos turcos, empuxando a estes máis alá do Éufrates. No ano 1071 preparou unha nova campaña en Asia Menor, esta máis ambiciosa pretendía asegurar de forma definitiva a fronteira orienta fronte ao Turco. A expedición partiu de Constantinopla en marzo do 1071.

Preparativos

O exército reunido para a ocasión contaba cuns 10 000 soldados bizantinos (moitos deles catafractos), a metade procedente dos Balcáns, e forzas mercenarias de diferente orixe: turcos (Pechenegos e Oghuz, Uz ou turcos occidentais), búlgaros, armenios e 500 Normandos e francos (calquera occidental aos ollos dos bizantinos era un “franco”) baixo o mando de Roussel de Bailleul. Tamén formaban parte do continxente a infantaría bizantina ao mando do duque de Antioquía e parte da Garda varega (viquingos). En total as forzas de que dispuña Romano IV debían sumar uns 40 000 homes, quizais mesmo 70 000.Norwich (1997), p. 238

Acompañando a Romano IV ía o estratego Andrónico Ducas, co-rexente e rival directo do emperador; ademais doutros xenerais coma Nicéforo Brienio de Epidamnos, o Armenio Basilakes, Teodoro Alyates e Tarcaniotes (Tarchaneiotes).

A marcha a través de Asia Menor foi longa e difícil, e o luxoso convoi de Romano non axudou. En xuño do 1071 a expedición chegou a Theodosiopolis, onde se propuxeron dous plans de acción: penetrar no territorio turco antes de que Alp Arslan puidese reforzarse ou fortificar a posición, opción que defendía o xeneral Nicéforo Brienio. Finalmente a decisión foi avanzar.

Coa a idea de que Alp Arslan estaba lonxe de máis e non pensaba acudir ao seu encontro, Romano dirixiuse cara ao Lago Van coa pretensión de retomar Manzikert rapidamente, e se fose posible, tamén a fortaleza de Khliat. Mais Alp Arslan xa reunira o seu exército e marchaba cuns 30 000 xinetes ao encontro de Romano, coa vantaxe de coñecer tódolos movementos dos bizantinos, namentres estes nada sabían do inimigo.

Romano ordenou ao seu xeneral 'Tarcaniotes' tomar a metade das tropas (incluíndo aos varegos, pechenegos e francos) e marchar cara Khliat namentres el mesmo continuaba até Manzikert. Descoñécese o destino das forzas de "Tarcaniotes", se foron derrotadas por Alp Arslan (segundo as fontes musulmás foi así, pero as bizantinas non refiren batalla ningunha) ou se desertaron ou mesmo se pasaron ao outro bando (Pechenegos e Oghuz eran turcos e mantiñan vínculos de sangue cos selxúcidas). Mais en todo caso cando chegou o momento decisivo Romano só contaba coa metade do seu exército.

A batalla

esquerda|miniatura|300px|Carga de catafractos bizantinos, Crónica de Xoán Skylitzes, Codex Graecus Matritensis, Biblioteca Nacional de España, Madrid.

Romano chegou Manzikert o 23 de agosto e tomouna facilmente. Ao día seguinte (24) un grupo de exploradores que Nicéforo Brienio enviara na procura de forraxe avistaron o exército turco e retornaron rapidamente a Manzikert. O xeneral armenio Basilakes foi enviado co mando de boa parte da cabalería para rexeitar as tropas de Arslan, xa que Romano non consideraba que o exército divisado fose a totalidade do exército turco. As tropas de Basilakes foron rexeitadas, e el mesmo foi preso. Romano despregou as súas forzas e avanzou a súa á dereita (comandada por Brienio), pero esta tivo que retroceder ante o rápido avance dos turcos. Pola noite os turcos escondéronse nos montes próximos, impedindo aos bizantinos un novo contraataque.Grant (2005), p. 77Konstam (2004), p. 41

O 25 de agosto, varias unidades de orixe turca de Romano contactaron cos selxúcidas e desertaron. Romano rexeitou a oferta de paz dunha embaixada turca na pretensión de rematar co “problema turco” cunha grande vitoria militar, entendendo que sería moi difícil para el formar e custear outro exército máis adiante. O emperador tratou de chamar as tropas de Tarchaneiotes, pero xa non se atopaba na zona. Non houbo loita ese día, pero o 26 os bizantinos adoptaron formación de combate e avanzaron cara ás posicións turcas: na esquerda Brienio, na dereita Teodoro Alyates e no centro, con toda a infantaría baixo o seu mando, o emperador. Andrónico Ducas mantívose na retagarda ao mando das forzas da reserva de cabalería (unha decisión peculiar tendo en conta a “lealdade” dos Ducas cara ao emperador). Os selxúcidas formaban en media lúa crecente a uns catro quilómetros,Norwich (1997), p. 239 con Arslan observando os movementos a unha distancia segura. Segundo avanzaban os bizantinos os arqueiros turcos comezaron a disparar, e o centro da súa media lúa retrocedeu, ao tempo que as súas ás arrodeaban os bizantinos.

O centro bizantino mantívose lonxe das frechas turcas, pero as ás, conformadas por cabalería, sufríano algo máis, polo que varias unidades romperon en diversas ocasión a formación en persecución dos turcos, tratando sempre de obrigar ao inimigo a trabar batalla. Pero os turcos sempre rexeitaron, aplicando as tácticas tradicionais dos xinetes das estepas de “disparar e fuxir”. E así avanzaba o día. Para o serán os bizantinos capturaron o campo de Arslan, pero os turcos seguían a rexeitar o combate. Afastado do seu campamento, con tropas e cabalos faltos de auga e cansos tras un día de “manobras”, Romano temeu que a noite collese aos seus homes no campo, polo que ordenou a retirada cara a súa base. A mala sorte quixo que a ala dereita non comprendese a orde, e isto, unido ao comportamento da retagarda ao mando de Ducas (que se retirou completamente sen dar cobertura ao resto do exército) creou unha certa confusión entre os bizantinos, que foi aproveitada polos turcos para o seu contraataque. Coa ala dereita dos bizantinos debandada a esquerda, baixo o mando de Bryennios mantívose no campo e tratou de socorrer o centro que se vía arrodeado, pero foi rexeitada e fuxiu tamén.Norwich (1997), p. 240 Así quedou no campo o emperador ao mando dos restos da infantaría, incluída a garda varega asediado polos turcos e separado do resto das súas tropas. A batalla continuou até a noite, e nela o emperador bateuse coma un soldado máis, primeiro a cabalo e máis tarde, cando a besta foi morta, a pé. Finalmente, e xa ferido o emperador, foi apresado. Coa noite moitos homes trataron de fuxir, e foron perseguidos, pero non máis alá do amencer. Para a alborada o núcleo profesional do exército bizantino fora destruído, namentres que moitas das tropas de leva baixo o mando de Andrónico Ducas fuxiran.

Catividade de Romano Dióxenes

miniatura|dereita|250px|Alp Arslan sometendo ao emperador Romano IV. Miniatura iluminando a tradución francesa do De casibus virorum illustrium de Boccaccio. (S. XV)

A primeira noite de cativo o emperador foi tratado coma un soldado máis e xaceu entre os demais feridos e morto no campo. Ao día seguinte tal era o seu estado que cando foi levado ante o Alp Arslan este negouse a crer que algún tan ferido, sucio e esfarrapado puidese ser o Emperador dos Romanos. En canto a identidade de Romano foi confirmada polos embaixadores o sultán fixo que o tombasen no chan e representou a súa vitoria pondo a súa bota na gorxa do emperador caído. Tras este xesto Romano sería tratado con excelente cortesía. Cítase frecuentemente unha suposta conversación entre o o emperador e o sultán que tería sido coma segue:

Alp Arslan: "Que teriades feito se eu fose traído a vós preso?" Romano: "Talvez vos faría matar, ou exhibiríavos polas rúas de Constantinopla." Alp Arslan: "A pena que vos impoño é de lonxe moito peor. Eu perdóote e déixote libre."

Romano permaneceu coma prisioneiro unha semana, durante a que se lle ofreceu un tratado de paz cunhas condicións similares as que lle expuxera a embaixada do día anterior á batalla. Finalmente acordouse que Antioquía, Edessa, Hierápolis e Manzikert pasarían aos turcos.Norwich (1991), p. 241 Isto deixaba o interior de Anatolia intacto, que non era mal trato para Bizancio. A continuación tratouse o tema do rescate a pagar polo emperador. Inicialmente o sultán pediu 10 millóns de pezas de ouro, chegándose finalmente a un acordo de millón e medio de pezas coma pago inicial e unha suma anual de 360 000. Tamén se acordou que unha filla do emperador casaría co sultán. Na despedida Alp Arslan obsequiou a Romano con numerosos presentes e concedeulle un séquito composto por dous emires e un cento de mamelucos que o levarían a Constantinopla.

Consecuencias

250px|esquerda|miniatura|Situación aproximada das fronteiras do Imperio antes da Primeira Cruzada.

A pesar de ter sido unha derrota estratéxica para os bizantinos, Manzikert non significou o masacre que os primeiros historiadores quixeron ver. Actualmente considérase que as perdas bizantinas foron relativamente pequenas,Haldon (2002), p. 46 considerando que moitas das unidades (as que non se situaban no centro a carón do emperador) puideron fuxir intactas e en poucos meses estaban loitando noutros puntos. Certamente, tódolos comandantes bizantinos presentes na batalla (Andrónico Ducas, Nicéforo Brienio de Epidamnos, de Bailleul e o emperador) sobreviviron e tomaron parte en acontecementos posteriores.Norwich (1997), pp. 240-243

Cando a noticia da derrota chegou á cidade, sumouse ás recentes novas da caída de Bari, a última praza bizantina en Italia, ante os normandos de Roberto Guiscardo, que aconteceu en abril do 1071 (un mes máis tarde da saída da expedición de Romano cara Armenia). A confusión das novas que chegaban de Manzikert foi aproveitada polo César Xoán Ducas (o pai de Andrónico), que obrigou á emperatriz Eudoxia a abdicar no seu fillo (do primeiro matrimonio) Miguel, que foi entronizado coma Miguel VII Ducas Parapinaces. Resolto o asunto Eudoxia foi tonsurada e enviada a un convento.