Un símbolo vexilolóxico é usado polos vexilólogos para indicar certas características das bandeiras, e facilitar a súa clasificación. Os símbolos elixidos son os símbolos internacionais de identificación de bandeiras, creados por Whitney Smith. A asemblea xeral da Fédération Internationale des Associations Vexillologiques (FIAV) celebrada en Ottawa (Canadá) en 1981, recoñeceu este código de información, e recomendou o seu uso a todas as organizacións e individuos que a forman.

Usos Esta reixa foi deseñada pola FIAV para indicar especificamente o uso das bandeiras nacionais. Un punto dentro de cada unha das seis celas 20px indica o uso da bandeira como bandeira civil, bandeira institucional, bandeira de guerra, pavillón civil, pavillón institucional e/ou pavillón de guerra, que son os seis tipos de usos que pode ter unha bandeira nacional.

Civil Institucional Guerra Uso terrestre bandeira civil. bandeira institucional bandeira de guerra Uso marítimopavillón civilpavillón institucionalpavillón de guerra (ou naval)

Así, o símbolo 20px indica que a bandeira só pode usarse por unidades militares, xa sexan terrestres ou navais, mentres que o símbolo 20px indica que a bandeira é usada sempre, soamente, en terra.

Propiedades Outros símbolos son utilizados para indicar outras características das bandeiras. Ficheiro:FIAV_normal.pngBandeira normal ou bandeira de iureFicheiro:FIAV_proposal.pngDeseño proposto, nunca oficializadoFicheiro:FIAV_reconstructed.pngDeseño reconstruído con base en observacións anterioresFicheiro:FIAV_reverse.pngVista do reverso da bandeiraFicheiro:FIAV_variant.pngDeseño é unha variante aceptadaFicheiro:FIAV_alternate.pngVersión alternativa da bandeiraFicheiro:FIAV_defacto.pngBandeira de factoFicheiro:FIAV_twosided.pngDeseños distintos no anverso e no reverso da bandeiraFicheiro:FIAV_sinister.pngHasta debe estar á dereita do observador15pxBandeira histórica, non oficial na actualidade

Notas

Categoría:Vexiloloxía