Karatsu (唐津市, からつし; Karatsu-shi) é un concello da prefectura de Saga no Xapón. Está situado ao noroeste da rexión de Kyūshū e ao norte da prefectura, na illa de Kyūshū. Ten 487,47 km² de superficie, unha poboación de 128.353 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 263 h/km².

O concello de Karatsu limita pola terra cos concellos de Genkai, Imari, Takeo, Taku, Saga (que son da prefectura de Saga); de Nijō, Maebaru (que son da prefectura de Fukuoka); e polo mar co concello de Matsuura (este último é da prefectura de Nagasaki).

Cultura Festa de Karatsu Kunchi (唐津くんち, 2 - 4 de novembro).

Cidades irmandadas Yeosu, Jeolla do Sur, Corea do Sur (1982) Seogwipo, Jeju, Corea do Sur (1994) Reihoku-machi, prefectura de Kumamoto, Xapón (1994)

Galería de imaxes

Véxase tamén Lista de concellos do Xapón

Ligazóns externas

Sitio web oficial da cidade de Karatsu .

Categoría:Prefectura de Saga Categoría:Concellos do Xapón