Hal Pereira, nado en Chicago (Illinois) o 29 de abril de 1905 e finado nos Ánxeles (California) o 17 de decembro de 1983, foi un director de arte estadounidense que traballou en Hollywood entre as décadas de 1940 e 1960.

Traxectoria Estudou na Universidade de Illinois e posteriormente traballou na industria cinematográfica durante máis de 20 anos, durante os cales participou en máis de 200 filmes. A pesar de ter sido candidato ao Oscar en 23 oportunidades, gañouno só unha vez, en 1955, polo seu labor no filme The Rose Tattoo.

Foi director artístico da serie de televisión Bonanza.

Véxase tamén Ligazóns externas Hal Pereira en IMDb

Categoría:Personalidades do cinema Categoría:Nados en 1905 Categoría:Nados en Chicago Categoría:Finados en 1983