Mazurek Dąbrowskiego (AFI: [ma'zurɛk dɔmbrɔf'skʲɛgɔ], Mazurca de Dąbrowski) é o himno nacional de Polonia.
Historia Escrito en Reggio Emilia en 1797 por Józef Wybicki. Foi chamado anteriormente de Pieśń Legionów Polskich we Włoszech ("A canción das lexións polacas en Italia").
Orixinalmente estaba destinada a aumentar a moral dos soldados do xeneral Jan Henryk Dąbrowski que serviron co exército de Napoleón nas campañas italianas. A Mazurca expresaba a idea de que a nación polaca, a pesar de carecer dun Estado de seu, non desaparecera; converteuse nunha das cancións patrióticas máis populares en Polonia.
Tivo que pasar máis dun século até que a Mazurca puidese ser cantada libremente en Galicia. Após o levantamento de Cracovia de 1846, Kornel Ujejski compuxo Coral, adoptada como himno non oficial.
A música é unha mazurca sen atribuír e considerada "melodía popular". Cando Polonia volveu xurdir como estado independente en 1918, a "Mazurca de Dąbrowski" converteuse de facto no seu himno, oficialmente en 1926.
Variacións e outras versións
A principios do século XIX, cada unha das nacionalidades do Imperio Austríaco cantaba xunto ao himno imperial, e mesmo en vez del, o seu propio himno nacional. Os polacos de Galicia non eran partidarios de Mazurka Dąbrowski nin de Warszawianka, populares no estranxeiro. Segundo Davies Norman "Preferiron a triste Coral, cuxas palabras foron escritas en 1846 por Kornel Ujejski, conmocionado pola incursión galega conmocionado pola incursión en Galicia"
A Mazurka inspirou cancións similares de independentistas doutros pobos no século XIX, como o himno nacional ucraíno e a canción Hej, Sloveni que foi utilizada como himno nacional da Iugoslavia socialista durante a existencia dese estado.
En 1982, durante o Mundial de Fútbol, no partido entre Italia e Polonia xogado en Vigo, interpretouse o himno galego Os Pinos coa música de Pascual Veiga. Na retransmisión oficial de RTVE comentaron que os polacos estaban "escoitando emocionados o seu himno", e despois foi atribuído a un erro; porén, o speaker do Celta de Vigo afirmou que o fixo de xeito deliberado, pois non estaba establecido un protocolo.
En 2021, un proxecto de lei di que se cambiarán as estrofas segunda e terceira do himno que fai referencia ás guerras polaco-suecas.
Letra
Mazurek Dąbrowskiego Jeszcze Polska nie zginęła, Kiedy my żyjemy. Co nam obca przemoc wzięła, Szablą odbierzemy. Marsz, marsz, Dąbrowski, Z ziemi włoskiej do Polski, Za twoim przewodem Złączym się z narodem. Przejdziem Wisłę, przejdziem Wartę, Będziem Polakami, Dał nam przykład Bonaparte, Jak zwyciężać mamy. Marsz, marsz, Dąbrowski... Jak Czarniecki do Poznania Po szwedzkim zaborze, Dla ojczyzny ratowania Wrócim się przez morze. Marsz, marsz, Dąbrowski... Już tam ojciec do swej Basia mówi zapłakany: "Słuchaj jeno, pono nasi Biją w tarabany." Marsz, marsz, Dąbrowski...
Tradución
Polonia non desaparecerá, namentres nós vivamos. Aquilo que a prepotencia estranxeira nos tirou, Coa espada habemolo reconquistar.
Marche, marche, Dabrowski, de terra italiana cara a Polonia, Baixo o seu liderado unirémonos coa Nación.
Pasaremos o Vístula, pasaremos o Varta, Seremos polacos, Bonaparte aprendeunos a sermos vencedores.
Marche, marche, Dabrowski...
Como Czarniecki en Poznań trala invasión sueca, a salvar o noso país Volveremos polo mar.
Marche, marche, Dabrowski...
O pai dicíalle á súa Bárbara con bágoas nos ollos: "Escoita, disque son nosos que baten nos tambores"
Marche, marche, Dabrowski...
Notación musical
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Ministerio de Cultura de Polonia Partituras do himno, para instrumentos por separado ou para varias configuracións de orquestra.
Categoría:Himnos nacionais Categoría:Símbolos de Polonia