Un grupo consonántivo é o encontro de dúas ou máis consoantes en posicións contiguas da cadea oral (na mesma sílaba se son tautosilábicos ou en distintas se son heterosilábicos. O galego distingue dous tipos: os patrimoniais e os cultos. Os patrimoniais danse en palabras de etimoloxía e evolución na lingua dende antigo e son algúns dos seguintes: pr: prata; tr: atrás; cr: crer; br: broma; gr: agre; fr: frouxo; pl: contemplar; cl: claro; bl: bloque; gl: globo; fl: flor; Os grupos dos cultismos son de aparición máis recente, menos regulares nas súas formas e máis difíciles de pronunciar: tl: atlántico; (tautosilábico en galego e no castelán de Galicia) dr: adrizar; dl: adlátere; ps: psicose, bíceps; (non sempre pronunciados, tautosilábicos) gn: gnomo, significado; (tautosilábico, non sempre pronunciado, e heterosilábico) ct: acto; (heterosilábico) pt: apto; (heterosilábico) ks(t(r)): clímax, externo, extremo; (tautosilábico e heterosilábicos) bs: absorber; (heterosilábico) ds: adscribir; (heterosilábico) kt: directo; (heterosilábico) bt: obtuso; (heterosilábico)

Categoría:Fonética