A palabra romaría ou romaxe vén de romeiro, os peregrinos con rumbo a Roma. Trátase nas súas orixes dunha celebración católica que consiste nunha viaxe ou peregrinación a un santuario ou ermida, ben estea consagrada a unha Virxe ou un santo patrón do lugar, situada normalmente nunha paraxe campestre ou de montaña. Por extensión, na actualidade, o termo romaría emprégase decote co valor simplificado de festa.

Romarías en Galiza miniatura|Unha romaría nas proximidades de Santiago, 1860, Dionisio Fierros. En Galiza, existen un gran número de romarías, entre as que cómpre salientar: A Romaría dos Caneiros celebrase na vila coruñesa de Betanzos no mes de agosto A Romaría das Cruces, celebrada na Ponte na parroquia de Arante en Ribadeo. Nela conmemórase unha escaramuza contra os franceses en tempos da invasión napoleónica. A Romaría do Faro, Santuario da Nosa Señora do Faro, no Monte Faro, entre os concellos de Chantada e Rodeiro. Hai dúas romarías, unha o día 15 de agosto e outra o 8 de setembro. A Romaría da Franqueira, celebrada na Franqueira na Caniza, celébranse dúas romarías ao ano, unha o luns seguinte ao domingo de Pentecoste, e outra os días 7, 8, 9 e o domingo seguinte do mes de setembro. A Romaría de San Fins do Castro, celebrada na ermida do lugar de San Fins, na parroquia de Cesullas, no concello de Cabana de Bergantiños. A Romaría da Santa Lucía, celebrada en agosto na parroquia de Santalla de Rei, no concello da Pobra do Brollón. A Romaría do San Vitoiro, celebrada en agosto no concello da Pobra do Brollón. A Romaría do San Mateo, celebrada en setembro na parroquia da Parte, no concello de Monforte de Lemos. A Romaría do Corpiño, na parroquia de Santa Baia de Losón, no concello de Lalín. A Romaría de San Brais, celebrada en Briallos, no concello de Portas, o 3 de febreiro. miniatura|Galicia. La romería, por Joaquín Sorolla. miniatura|Romaría dos Caneiros, Betanzos|centro Refraneiro Ás romaxes e ás vodas van as tolas todas. Ben vai o romeiro cando o bordón lle esquece. Boa romaxe fai o que ten a casa en paz. Cada romeiro co seu compañeiro. O que anda en moitas romaxes gasta o tempo en viaxes. Para ir a unha romaxe, non vaias en recovaxe. Quen vai a moitas romaxes, gasta cartos e traxes.

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Festas Categoría:Peregrinación