Margarida de Prades, nada en 1388 ou 1395 e finada o 23 de xullo de 1429, foi unha nobre medieval, raíña consorte do Reino de Aragón como esposa de Martiño I.
Traxectoria Margarida era filla do nobre aragonés Pedro, conde de Prades, e de dona Juana de Cabrera. A súa familia descendía directamente da casa real aragonesa. Casou con Martiño I o 17 de setembro de 1409, coa esperanza de lle dar ao rei un herdeiro. Non obstante, Martiño I feneceu ao pouco, en 1410, extinguíndose con el a casa de Barcelona.
Categoría:Nobreza Categoría:Finados en 1429