Minamata (水俣市, みなまたし, Minamata-shi) é un concello da prefectura de Kumamoto no Xapón. Está situado no centro-sur da rexión de Kyūshū e ao extremo sur da prefectura, na illa de Kyūshū. Ten 162,89 km² de superficie, unha poboación de 27.619 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 170 h/km².

Colleu sona porque foi o centro dun envelenamento masivo por verteduras de metilmercurio nos anos 1950, o que se coñeceu como enfermidade de Minamata.

O concello de Minamata limita cos concellos de Tsunagi, Ashikita, Kuma (que son da prefectura de Kumamoto); de Izumi e Isa (que son da prefectura de Kagoshima).

Véxase tamén Outros artigos Lista de concellos do Xapón Contaminación Enfermidade de Minamata

Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Minamata .

Categoría:Prefectura de Kumamoto Categoría:Concellos do Xapón