Taylor Daniel Lautner, nado en Grand Rapids (Míchigan) o 11 de febreiro de 1992, é un actor estadounidense e experto en artes marciais que participou en filmes como The Adventures of Sharkboy and Lavagirl in 3-D, Cheaper by the Dozen 2 (con Steve Martin) ou Twilight.
Traxectoria Fillo de Dan e Deborah Lautner, ten raíces francesas, alemás e neerlandesas, e tamén parte de indio americano pola rama materna (máis especificamente, das tribos potawatomi e ottawa).| Lautner comezou a estudar karate desde aos 3 ou 4 anos, adestrando en Fabiano´s Karate School, en Holland, Míchigan. No ano seguinte comezou a gañar campionatos, sendo convidado a se adestrar co sete veces campión do mundo de karate, Michael Chaturantabut. Ós oito anos, foi seleccionado para representar o seu país na World Karate Association, onde gañou tres medallas de ouro na modalidade Junior World and Weapons.
Taylor comezou a súa carreira de actor despois de que o seu adestrador de artes marciais o persuadira para que acudira a un cásting nos Ánxeles. Aínda que ao cabo non o elixiron, gozou tanto da experiencia que decidiu continuar coa carreira da actuación. Deseguido, xunto coa familia trasladouse desde Míchigan ata California a fin de poder acudir a máis cástings. Aos 10 anos, a súa familia instalouse definitivamente nos Ánxeles para apoialo na súa carreira de actor a tempo completo. Tamén seguiu desenvolvendo a súa afección pola artes marciais e no 2003, con só 11 anos, situouse como número un no mundo do NASKA's Black Belt Open Forms, Musical Weapons, Traditional Weapons and Traditional Forms, e a idade de 12 anos, gañou o Campionato do Mundo Júnior de Artes Marciais.
Faceta de actor No 2005, á idade de trece anos, encarnou no papel de Sharkboy na película de Robert Rodríguez The Adventures of Sharkboy and Lavagirl in 3-D. Tamén interpretou o papel de Elliot Murtaugh, o fillo do rival dos Baker, na película Cheaper by the Dozen 2, xunto con Steve Martin e Hilary Duff.
No 2008 foi elixido para o papel de Jacob Black, un licántropo con sangue nativo-americano, personaxe da saga literaria Twilight, de Stephenie Meyer. Taylor continuou encarnando a Jacob Black para as seguinte secuelas dos libros de Meyer, logrando así un papel máis protagonista. Lautner fixo tamén o papel de Jack Spivey, o fillo do protagonista da serie televisiva My Own Worst Enemy, xunto a Christian Slater. Porén, a serie foi cancelada no seu noveno episodio por non ter suficiente audiencia.
Filmografía Cine Ano Título Papel Notas 2001 Shadow Fury Kismet de neno2005 The Adventures of Sharkboy and Lavagirl in 3-D Sharkboy 2005Cheaper by the Dozen 2 Elliot Murtaugh 2008 TwilightJacob Black 2009 The Twilight Saga: New MoonJacob Black 2010 Historias do San Valentín | Willy Harrinton
| 2010 | The Twilight Saga: Eclipse| Jacob Black
| 2011 | Abduction | Nathan
| 2011 | The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 1| Jacob Black
| 2012 | The Twilight Saga: Breaking Dawn – Part 2| Jacob Black
| 2013 | Grown Ups 2| Frat Boy Andy
| 2015 | Tracers| Cam
| 2015 | The Ridiculous 6| Lil' Pete
| 2016 | Run the Tide'' Reymond Hightower
Televisión + Ano Título Papel Notas 2003 The Bernie Mac Show Aaron 2 episodios 2004 My Wife and Kids Tyrone 1 episodio 2004 Summerland Rapaz na praia 2005 Danny Phantom Youngblood (voz) 3 episodios2005 Duck Dodgers Reggie Wasserstein/Terrible Obnoxious Boy (voice) 2 episodes2005 What's New, Scooby-Doo? Dennis/Ned (voz) 2 episodios 2006 Love, Inc. Oliver 2006 He's a Bully, Charlie Brown Joe Agate (voz) Especial de TV2008 My Own Worst Enemy Jack Spivey
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Míchigan Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Grand Rapids, Míchigan Categoría:Nados en 1992 Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia indíxena americana Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá