José María Pose Romero, nado cara a 1926Necrolóxica en La Voz de Galicia, 11-8-1997, p.37. e falecido nos Ánxeles (Brión) o 9 de agosto de 1997, foi un político e médico galego.
Traxectoria Médico en Vimianzo dende 1957. Encabezou a candidatura da UCD nas eleccións municipais de 1979 e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Coa descomposición da UCD trala derrota electoral de 1982, pasou a encabeza-la candidatura de Alianza Popular nas municipais de 1983 e logrou se-lo candidato máis votado, pero sen maioría absoluta. Desta forma, perdeu a alcaldía en favor do socialista Eduardo Lema Fernández tras conseguir este o apoio dos demais grupos políticos da corporación. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura da Coalición Progresista Galega e foi superado polo PSdeG-PSOE, polo cal non logrou recupera-la alcaldía, permanecendo como concelleiro ata o final de dito mandato. Foi deputado na Deputación da Coruña entre 1979 e 1987.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Vimianzo
Categoría:Alcaldes de Vimianzo Categoría:Alcaldes de Galicia pola UCD Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1997