A máscara (en inglés, The Mask) é unha serie animada de televisión baseada no superheroe do libro cómico, A máscara, pero coa meirande parte da súa inspiración da adaptación do filme do 1994 protagonizado por Jim Carrey, The Mask. A serie durou tres tempadas, dende 1995 deica 1997, e orixinou a serie de cómics As aventuras da máscara. John Arcudi, antigo escritor dos cómics orixinais, escribiu dous episodios do debuxo. A serie foi orixinalmente emitida dentro do programa infantil dos sábados da CBS e máis tarde pasou a Cartoon Network.
Na Galiza a TVG lanzou A máscara ó ar no 2003 dentro do seu contedor infantil Xabarín Club. O 30 de marzo de 2009 comezou a emitirse pola G2.
Categoría:Debuxos animados Categoría:Xabarín Club Categoría:Series de televisión con versión galega