Fukuchiyama (福知山市, ふくちやまし, Fukuchiyama-shi) é un concello xaponés da prefectura de Kyoto. Está situado ao norte da rexión de Kinki e da prefectura, na zona da provincia histórica de Tanba, no centro-oeste da illa de Honshu. Ten 552,57 km² de superficie, unha poboación de 80.330 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 145 hab./km².
O concello de Fukuchiyama limita cos concellos de Yosano, Miyazu, Maizuru, Ayabe, Kyōtamba (que son da prefectura de Kyoto); Toyooka, Asago, Tanba e Sasayama (que son da prefectura de Hyōgo).
Cidades irmandadas Shimabara (1983).
Véxase tamén Lista de concellos do Xapón
Ligazóns externas Sitio web oficial da cidade de Fukuchiyama .
Categoría:Concellos do Xapón Categoría:Prefectura de Kyoto Categoría:Rexión de San'in