Marina Luz Fandiño Rodríguez, nada en Santiago de Compostela o 23 de novembro de 1931 e finada na mesma cidade o 28 de abril de 2024, foi unha escritora e activista galega.
Traxectoria miniatura|Entrevista en 2017. Naceu no barrio de Sar, Santiago de Compostela. En 1952 emigrou á Arxentina fuxindo da pobreza e en 1964 emigrou de novo a Francia. No ano 1979 retornou definitivamente a Galicia, a Santiago de Compostela onde reside.
Colaborou en diferentes publicacións galegas, no programa Diario Cultural da Radio Galega, coas Redes Escarlata, Mulheres Trasgredindo e Mar de Tinta. Reivindica a lingua, os dereitos do pobo e o poder transformador da poesía.
Seguiu en activo ata os seus últimos momentos, escribindo diariamente e acudindo a centros sociais, colexios e institutos a dar charlas sobre a súa estadía na emigración, os seus poemas e a súa visión da vida. Tamén participou asiduamente nos recitais organizados no Pub Modus Vivendi, local nocturno do casco vello compostelán e en toda protesta e manifestación cuxa causa se aliñase coas súas loitas.
Cantautoras coma Sés, Laura LaMontagne ou Zeltia Irevire musican versos da autora nos seus traballos musicais.
A directora Sonia Méndez estreou no 2020 o seu filme A poeta analfabeta baseado na vida da escritora e activista. No 2022 Fandiño publica o seu poemario homónimo.
A comezos de 2024 publica nunha edición de autor No corazón da terra, un poemario moi persoal e intimista que adica á súa nai e á súa avoa e que ten temáticas que nos achegan a cuestionarnos sobre a vida, o amor, a vellez e a morte. A publicación ten dúas edicións simultáneas con diferente deseño de cuberta; unha delas deséñaa a ilustradora Ana Crujeiras, e a outra é obra da tamén poeta e amiga Andy da Fonte.
Obras Poesía alt=Ilustración cuberta Andy da Fonte para libro Luz Fandiño|miniatura|Cuberta de Andy da Fonte para No corazón da terra, 2024. Da memoria viva, ceibes as palabras, 2006. A liberdade ten ás de vento, 2014. O pracer de envellecer, 2014. Berro herdado, 2019. Arrecendo de mensaxes, 2019. A poeta analfabeta, 2022. No corazón da terra, 2024.
Contos Farangulliña de neve, 1998. Kaltune, a fadiña da praia. Só os nenos e nenas poderán salvar a Terra (con ilustracións de Olga Vieites e nenos e nenas do CEIP de Vedra), 2013. A carballeira engaiolada (con ilustracións de Olga Vieites), 2014.
Obras colectivas Xuro que nunca volverei pasar fame. Poesía escarlata, 2003, Difusora. 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico). Verbo na arria. Homenaxe literaria a Xohan Xesus González, 2016, Fervenza.
Premios miniatura|Cadaleito de Luz Fandiño no tanatorio de Boisaca. 2019: Foi agasallada pola Asociación Cultural Agromadas de Seixalbo co XI Premio Freire Carril. 2022: A Asociación Cultural Val de Láncara concédelle o XX Premio Ramón Piñeiro Facer país. 2023: Premio das Letras Galegas Vivas 2023: VII Premio "Begoña Caamaño" á acción cultural pola igualdade de xénero da Deputación da Coruña. Por:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Uxía Iglesias: "Luz Fandiño: “A miña loita é que os mozos e mozas non pasen fame de comida nin fame de ler”" Galicia Confidencial, 19/6/2018. ENTREVISTA | Luz Fandiño: serventa, poeta, revolucionaria (Parte I)
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1931 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Activistas de Galicia Categoría:Poetas en lingua galega