A economía de Líbano, así como a súa calidade de vida, foi das máis prósperas de todo o Oriente Medio. Con todo coa guerra civil libanesa entre 1975 e 1990, toda a economía do país foi afectada, a produción nacional foi cortada pola metade e o país deixou de figurar como centro financeiro rexional.

Co termo do conflito interno e a recuperación da estabilidade política, o país mobilizouse na reconstrución. Para realizala, Líbano recibiu de inmediato preto de 15 mil millóns de dólares de países como Francia e Alemaña e tamén dos Estados Unidos. Coa infraestrutura reconstruída, a economía volveu crecer cunha das máis altas taxas do mundo, facéndose un polo de crecemento na rexión. A capital, Beirut (chamada o "París do Oriente") volveu gañar relevancia no escenario rexional, acollendo varios eventos.

O país volveu ser chamado a "Suíza do Oriente" debido ás actividades financeiras alí realizadas. A reconstrución de monumentos e infraestruturas atraeu o turismo, que crece cada ano.

Actualmente, Líbano volveu ter un dos máis elevados niveis de vida de Oriente Medio. O país ten unha economía de libre mercado baseada no sector de servizos. Non hai restricións aos investimentos estranxeiros, pero o país sofre altos impostos e taxas, corrupción, suborno e escasa protección aos dereitos de propiedade intelectual.

Notas