thumb|230px|left|Centro comercial de Dacca. A economía de Bangladesh creceu unha media de 5 a 6% ao ano desde 1996 a pesar da pouca eficiencia das empresas estatais, da demora en explorar as reservas de gas natural, da escaseza de fontes de enerxía e da demora en facer reformas económicas.

Malia que a metade do produto interior bruto é xerado polo sector de servizos, case 2/3 da poboación vive da agricultura. O desenvolvemento agrícola é dificultado pola elevada fragmentación da propiedade rural e polas choivas irregulares. A produción de alimentos, sobre todo de cereais, é destinada ao consumo interno. O principal cultivo industrial é o arroz, nas áreas de Mymensingh, Rangpur, Comilla e Dacca. A cría de vacún é grande, e os animais son destinados principalmente ao traballo no campo. Unha parte realmente grande da poboación (a 8ª maior do mundo) sofre de malnutrición crónica.

Situación Desde 1971 o país recibiu 30 billóns de dólares, e 15 xa foron desembolsados. Os maiores doantes son o Banco Mundial, o Banco Asiático de Desenvolvemento, o Programa de Desenvolvemento das Nacións Unidas, os Estados Unidos, Xapón, Arabia Saudita e Europa oriental. Con preto da metade da poboación por baixo da liña da pobreza, Bangladesh posúe o índice de pobreza máis alto do sueste asiático e o terceiro no mundo, por detrás da India e a China. Como outros países na mesma siuación de desenvolvemento, Bangladesh ten un gran déficit fiscal, e grandes deficiencias na calidade dos servizos sociais.

Notas