Víctor Guillermo Toro Vega ou Yomo Toro, nado en Guánica (Porto Rico) o 26 de xullo de 1933, é un músico coñecido por ser un dos primeiros en usar o cuatro, instrumento de cinco cordas dobres da familia da guitarra,Aínda que é certo que nas súas orixes o cuatro estivo composto por catro órdenes de cordas dobres, o cuatro actual este formado por cinco ordes de cordas dobres con afinacion (de agudo a grave) sol re la mi si na música Salsa.

Traxectoria Aprendeu o manexo do cuatro á idade de seis anos, motivado polo seu pai, quen tocaba xa o tocaba. Con quince anos tocaba na súa escola con tres compañeiros nun grupo chamado "La Bandita de la Escuela". Comezou a súa carreira profesional tocando para "Bury Caban y los 4 Ases" xunto con Tito Lara. Tamén tocou con José Antonio Salemán, con "El Trío Universitario de San Juan", "Los Antares" e mais con Felipe Rodríguez. Gravou con Larry Harlow, Willie Colón e a formación musical Fania All-Stars. Viaxou en diversas ocasións ao Xapón, Europa e moitas outras partes do mundo tocando o catro, o instrumento nacional de Porto Rico.

Fixo varias gravacións co seu propio grupo para a compañía discográfica Polygram Records. Unha das súas cancións máis exitosas foi "Funky Jibaro".

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía

Categoría:Personalidades da salsa Categoría:Nados en 1933 Categoría:Nados en Porto Rico