O condado de Louth (en gaélico irlandés An Lú) é un condado da provincia de Leinster, na costa occidental de Irlanda. É o condado máis miúdo da illa irlandesa con 820 km² de área (317 millas cuadradasO condado de Louth en www.ireland-guide.com ). A súa capital é Dún Dealgan (en irlandés) / Dundalk (en inglés). Contaba cunha poboación de 101.821 habitantes no 2002.
Louth ten como veciños os condados de Armagh e Down (ambos na Irlanda do Norte) polo norte, o Mar da Irlanda polo leste, Meath polo sur e o suroeste e Monaghan polo noroeste.
No condado áchanse unha ruínas chamadas Monasterboice, que posúen grandes cruces celtas entre as que destaca a cruz de Muiredach.
Orixe do nome O nome de Louth provén dun pobo deste condado de nome homónimo, polo deus celta Lugh, cuxa festividade se celebraba no Lúnasa. Actualmente o nome moderno é An Lú, que non ten nada que ver co comparativo/superlativo lú que significa "menor" ou "o menor" nalgunha construcións lingüísticas da lingua irlandesa.
Poboacións
Baile Átha Fherdia/Ardee (cidade) - Annagassan Ballymascanlon - Blackrock Carlingford - Castlebellingham - Clogherhead - Collon Darver - Drogheda - Dromiskin - Dundalk - Dundalk- Dunleer Greenore Jenkinstown Kilsaran Louth Mansfieldtown Ó Méith/Omeath Termonfeckin - Tullyallen
Lingua irlandesa A área de Omeath era gaélico parlante até principios dos século 20. Existía un dialecto do irlandés de Louth, mais xa está extinto dende polo menos o 1930 e agora só se pode escoitar en gravaciónsUn paisano de Louth falando en irlandés no Youtube.
Notas
Ligazóns externas
Louth Louth