miniatura| O acceso libre é un movemento xurdido nos anos noventa co obxecto de artellar un novo sistema de comunicación científica a través das novas tecnoloxías. Xorde fundamentalmente a causa dos fortes incrementos de prezos das revistas científicas, debidos ó carácter monopolístico que lle imprimiron á información científica os grandes grupos editoriais internacionais. Nado de proxectos individuais como ArXiv.org, está sendo asumido polos organismos de investigación (Declaración de BerlínDeclaración de Berlín) e por institucións políticas de investigación (Parlamento británicoParlamento británico: Science and Technology - Tenth Report). Na actualidade segue dúas vías de comunicación científica complementarias: as revistas de acceso libre e os arquivos institucionais.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Recursos educativos abertos
Categoría:Informática Categoría:Socioloxía